Os condóns si que serven para algo
Sempre tiven moi claro a miña posición ante catro temas que en xeral adoitan xerar bastante discusión en calquera grupo de persoas o suficientemente grande: a homosexualidade, o aborto, a pena de morte e o dereito a unha morte digna. E respecto ao aborto, creo que hai unha gran diferenza en abortar nas primeiras semanas ca no último período de xestación. Pero con todo, creo que debe ser a nai quen decida, aínda que hai que poñer uns límites para non converter o aborto nun “método anticonceptivo” calquera, claro.
A reforma da lei do aborto de 1985 (a sociedade española é a mesma que hai case 25 anos?) o único que vai facer é regular unha situación que existe (e existirá). Por este feito a Igrexa fixo unha campaña (parece ser que despois da campaña do autobús, quedaron con ganas de máis…) co lema “Protexe a miña vida” e reivindicando que os linces están máis protexidos que os nenos en España (en realidade fetos… en realidade unha unión de células sen consciencia). E para apoiar á Igrexa algunhas confrarías (sobre todo andaluzas, aínda que tamén de Palencia ou Valladolid, menos mal que as de por aquí non secundaron a idea, o que agradecemos, sin lugar a dudas) queren manifestar o seu desacordo con esta reforma da lei levando un lazo branco. E aí está para min o problema.
Este un país onde existe liberdade de expresión, eu podo opinar o que queira sobre calquera cousa (como agora mesmo estou a facer en CRONICA 3 A MARIÑA, por exemplo) e por iso non debería existir ningún problema en que os confrades se posicionen en contra desta reforma. Si e non. A Semana Santa (igual que os touros, os sanfermins, O Naseiro ou a festa do bonito de Burela) é un evento cultural e festivo moi visible de cara ao exterior e creo que se todas as catedrais e igrexas de lucisen un lazo branco a maioría dos que se preguntan que por que os confrades non poden posicionarse en contra, entenderíano mellor. Non é questión de non poder, senón de que está fóra de contexto: que eses mesmos que se queixan organicen manifestacións paralelas, mesmo vería mellor que realizasen unha “folga” da Semana Santa, por exemplo.
Moita xente non entende e eu tampouco que un país aconfesional segue mantendo os días festivos católicos. Sei que a maior parte dos españois son católicos (non practicantes) pero promover certas festas -por moi arraigadas que estean na tradición- é un menosprezo desa aconfesionalidad (e mellor non falemos do crucifixo nas aulas). Buscando un pouco sobre o tema encontrei o que se di no artigo V do Concordato de 1950 “O Estado terá por festivos os días establecidos como tales pola Igrexa no Código de Dereito Canónico ou noutras disposicións particulares sobre festividades locais, e dará, na súa lexislación, as facilidades necesarias para que os fieis poidan cumprir neses días os seus deberes relixiosos.
As Autoridades civís, tanto nacionais coma locais, velarán pola debida observancia do descanso nos días festivos”.
En teoria e certo que deixou de estar en vigor unha vez entrada a Constitución de 1978, pero nela non pon nada ao respecto das festas. Así que me imaxino que para evitar “problemas” e por seguir coa continuidade, as festas se mantiveron seguindo o calendario cristián E botando unha ollada ao calendario, agás o día do traballador (1 de maio), o día da Hispanidade (12 de outubro; aínda que coincide coa Virxe do Piar) e a Constitución (6 de decembro), o resto son relixiosos (sen contar os festivos de carácter rexional ou local -estes últimos case sempre relixiosos, adoitan contar cun santo patrón). Existe aquí a excepcion do dia das Letras Galegas.
Son conscente de que todo esto é máis tradición que relixioso (e para mostra están as miles de persoas que pasan pola igrexa para casarse unicamente polo “bonito” da cerimonia ou pola tradición que iso supón) e volvendo a o comenzo da miña parrafada, é por iso que calquera tipo de reivindicación que teña a comunidade católica debería facerse deixando fóra a Semana Santa ou os iconos relixiosos. E si, claro que así sería moito máis efectiva e os medios fixaríanse máis neles… pero a ver cando lles entra na cabeza que a Igrexa perdeu o poder que tiña antes, que por sorte xa non nos deixamos guiar por vellas crenzas e supersticións demasiado afastadas do mundo real no que vivimos. E si, os condóns si que serven para algo.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



