Nota de Prensa
O BNG PREOCUPADO POLO LEVANTAMENTO DA SUSPENSION DE LICENZAS SEN TER O PLAN XERAL APROBADO
Culpa ao grupo de goberno dunha pasividade irresponsable
O día 3 de maio remata o prazo de dous anos de suspensión das licenzas urbanísticas no Concello de Foz que se produciu a consecuencia da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Durante todo este tempo, o grupo socialista de goberno non foi capaz de axilizar os trámites e de chegar a acordos cos grupos da oposición e cos veciños para aprobar definitivamente o Plan Xeral e non chegar a esta situación esperpéntica e que pode supoñer un grave prexuízo para o urbanismo de Foz.
Para o BNG é unha irresponsabilidade máis do grupo de goberno que non se tomou en serio desde un principio o sacar o Plan para diante. Desde o mes de setembro do ano pasado os grupos de traballo do Plan foron presentando as súas propostas para que os redactores do Plan as informaran pero ao día de hoxe aínda non sabemos nada deste tema. A última información que o alcalde nos deu foi que ían a estar informadas a finais do mes de febreiro pero pasaron xa dous meses e aínda están sen presentar. Desde o BNG considerase esta tardanza unha falta de consideración a todos os grupos de traballo que puxeron moito tempo e diñeiro para intentar mellorar o PXOM.
A pesares das advertencias do BNG, diante da previsión de que o Plan non estaría aprobado definitivamente antes do levantamento da suspensión, o grupo de goberno non reaccionou ata o pasado o día 22 deste mes solicitando da Consellaría de Política Territorial iniciar o expediente para suspender, en todo ou en parte, a vixencia das Normas Subsidarias de Foz do ano 1981 que volverán a ter vixencia o próximo 3 de maio. Dita solicitude vai acompañada dun informe do arquitecto municipal onde se pon en coñecemento os perigos dunha desfeita urbanística a partir desa data se se levanta a suspensión de licenzas por non adaptarse as Normas á legalidade e por estar totalmente obsoletas. Entre estas razóns repítese neste informe o que xa o BNG ten denunciado en moitas ocasións cando denunciaba que as NN.SS. de Foz deberían estar adaptadas á Lei do Solo desde o 2006 e que provocou o urbanismo actual de Foz: inseguridade xurídica, non distinguir entre solo urbano consolidado e non consolidado, a clasificación dos núcleos rurais non se adecúan á normativa, degradación medioambiental, etc.
O levantamento da suspensión e entrada novamente en vigor das normas subsidarias vai a traer consecuencias moi graves urbanísticamente posto que vai supor que Foz vai a seguir medrando de forma irracional e desproporcionada e, o que é máis grave, de forma ilegal. Por outro lado, esperase que a partir do día 3 de maio haxa numerosas solicitudes de licenzas urbanísticas, a maioría de vivendas unifamiliares, que van a dar co traste co Plan Xeral posto que moitas non van a adaptarse ao mesmo e terá que ser o Plan quen despois teña que modificarse adaptándose ás todas estas novas edificacións. A medida de paralizar o planeamento está tomada “tarde, mal e arrastro” e supón unha medida desesperada de última hora dun mal que xa está feito.
Así pois, para o BNG esta claro que se o Plan non está aprobado a estas alturas é polo abandono e a incapacidade do grupo de goberno. E se agora nos atopamos nunha nova situación de desfeita urbanística é porque o grupo de goberno actuou con premeditación, nocturnidade, alevosía e falta de previsión nun tema tan fundamental para Foz como é a ordenación urbanística.

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



