RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito polo éxito da cuarta edición do Ribadeo de tapeo. O rexedor sinala que “podemos dicir que foi un éxito absoluto e rotundo en cando a número de participantes, tivemos 31 con 49 tapas presentadas. O destacable, sobor de todo, foi a cantidade de xente enorme que tivo Ribadeo nestes nove días, que estivo visitando, degustando e disfrutando da hostelería e de Ribadeo, e sobre todo disfrutando desta cociña en miniatura que son as tapas”.
Fernando Suárez apuntou que “un xurado singular e moi profesional adicado a este sector escolleu aos gañadores, ainda que aquí como dicimos sempre o importante non é gañar, senón que o importante é participar”.
O premio á mellor tapa do ano foi para os ovos rotos con bacallau da Cervecería Raxería Pizzbur; a mellor tapa tradicional foi para as fabas de Lourenzá con polvo de rocha e cogumelos presentada pola Cafetería La Lira; o premio para a mellor barra foi para O Alén, e dadas as dificultades da selección o xurado decidiu dar dúas mencións especiais, unha para o Bar Galicia polo sabor das súas luras pequenas recheas de marisco con risoto de cogumelos , e outra para O Cantón pola presentación da súa tosta de ovo, con pataca e chourizo. O xurado decidiu tamén deixar deserto este ano o premio á mellor tapa creativa.
O alcalde ribadense cre que “esta iniciativa xa consolidada que contou con centos e centos de visitantes, onde daba gusto ver aos clientes como lles ían selando as súas cartulinas e onde tiñan que cubrir un mínimo de 17 locais para poder participar no sorteo de agasallos ao público. Congratular a todos os participantes nesta iniciativa, agradecer ao xurado o seu traballo da avaliación e de conceder os premios aos gañadores e convidar xa para o ano que ven á quinta edición deste concurso de tapas aos veciños de Ribadeo e das comarcas da Mariña e do Occidente asturiano”






















A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



