BURELA (FNC) .- Valoración positiva do Concello de Burela tras os distintivos que recibiron os seus areais. As praias de Portelo, A Marosa e Ril lucirán de novo este verán a bandeira azul que concede de xeito anual ADEAC. Tamén recibiron este recoñecemento o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen e a Aula de Educación Medioambiental Gaia. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, sinalou que “esta é sen dúbida unha boa nova para o noso Concello, posto que o distintivo bandeira azul é a garantía de que unha praia cumpre determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridade, así como con unha xestión ambiental adecuada”.
A edil socialista lembrou que “o mantemento e xestión das praias é unha das prioridades do Concello de Burela e, por iso, recentemente foi aprobada en pleno a constitución do Comité de Xestión de Praias, un órgano de participación que sen dúbida algunha mellorará o estado e a calidade das nosas praias”.
O concelleiro de Obras e Servizos, Pascual Doménech e Lucía Bouza, tamén informaron dalgunhas melloras que afectarán ás praias durante este ano. “Unha delas e a colocación de 15 novas sombrillas que se repartirán entre as praias de Portelo e A Marosa. Ademais a praia de Portelo contará tamén cunha pasarela peonil que conectará un cambiador co paseo marítimo. Tamén queremos informar de que na actualidade estanse a manter conversas desde o Concello de Burela co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño para, nun futuro próximo, dotar ás praias de Portelo e de Ril de locais estables para salvamento e socorrismo e tamén con servizos públicos”, explicaron Bouza e Doménech.
Os concelleiros tamén subliñaron outro servizo do que se poderá gozar a partires deste verán nas praias de A Marosa e Portelo, “será o de biblioteca de lectura. Estas dúas praias contarán durante os meses de xullo e agosto con sendas carpas onde poderemos atopar un total de 200 libros de temática variada para todos os públicos. Esta é unha medida coa que pretendemos achegar á xente este tipo de servizo ao tempo que fomentamos un hábito tan saudable como é o da lectura”.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



