VIVEIRO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, reslatou, no transcurso da rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, que co obxectivo de dotar de instalacións deportivas “de calidade” a todos os concellos lucenses, a Deputación de Lugo asinará a vindeira semana un convenio co Concello de Viveiro para instalación dun campo de herba artificial en O Cembedo. Este previsto que o nacionalista se reúna co rexedor Melchor Roel para tratar o asunto. Nesta liña, o delegado da Área de Deportes subliñou que a súa área seguirá traballando para poder proporcionarlles aos distintos concellos, mediante un reparto xeográfico, o acceso a unhas instalacións deportivas “en condicións”.
Deputación e concello de Viveiro asinarán un acordo para un campo de herba artificial en O Cembedo
Deputación e concello de Viveiro asinarán un acordo para un campo de herba artificial en O Cembedo
Relacionado
-
O Concello de Cervo anima a asistir á tradicional festa da Candelaria, en Rúa, que se celebrará do 31 ao 2 de febreiro
-
O PP de Viveiro advirte que “non podemos votar a favor da modificación da RPT porque non dispoñemos da documentación que xustifique que é a mellor solución para a Policía Local”
-
Mestras do CEIP de Cervo adéntranse no proxecto “Cada gota cuenta” para promover a concienciación sobre o uso responsable da auga