CERVO .- Técnicos da empresa pública autonómica Obras e Servizos Hidráulicos reuníronse co alcalde de Cervo para encargarlle un novo deseño do saneamento integral de San Cibrao. O obxectivo é cambiar o trazado para non poñer en perigo as empresas acuícolas instaladas no polígono de Cuíña.
NOTA DE PRENSA
As xestións desenvolvidas polo rexedor municipal teñen por obxecto garantir a continuidade dos 75 postos de traballo directos que estas compañías de cría e engorde de peixe contribuíron a xerar no concello
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
A EMPRESA PÚBLICA AUTONÓMICA OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS ESTUDA, A PETICIÓN DO ALCALDE, O REDESEÑO DO PROXECTO DE SANEMENTO INTEGRAL DE SAN CIPRIÁN
* O Ministerio de Medio Ambiente a través da Confederación Hidrográfica do Cantábrico ten previsto desenvolver estas obras. De feito, nos pasados días licitou o proxecto malia que incorporando os erros do anterior Executivo autonómico, isto é sen contemplar a modificación no punto de vertido do emisario submarino
* A Xunta bipartita era coñecedora dun informe técnico que poñía de relevo os prexuízos que provocaría a non ampliación do emisario, pese a iso, por aforrarse unhas cartos, non incorporou esta mellora ao proxecto e reduciu de 6 millóns de euros a tan só 4 o investimento para levar adiante a obra.
Cervo, 26 de maio de 2009.- Técnicos da Empresa Pública Obras e Servizos Hidráulicos da Xunta de Galicia, visitaron hoxe o Concello de Cervo, a petición do alcalde, Alfonso Villares, para estudar o novo deseño do emisario da rede de saneamento que ten previsto construírse na localidade de San Ciprián. O interese do rexedor municipal era trasladar aos técnicos da Xunta a importancia de mudar o proxecto tal e como está a día de hoxe deseñado, pois poría en perigo a viabilidade das empresas acuícolas situadas no polígono de Cuiña e, con ela, os 75 postos de traballo que, dun xeito directo, contribuíron a xerar.
Lembremos que os anteriores responsables da administración autonómica redactaron o proxecto de saneamento integral de San Ciprián sen contemplar a prolongación do emisario. Todo iso pese a ser coñecedores do informe técnico que poñía de relevo a problemática que suporía que o vertido do emisario fora na mesa área que a captación de auga das piscifactorías. Ademais diso trasladaron ao Ministerio de Medio Ambiente o proxecto co obxecto de que fora a Confederación Hidrográfica do Cantábrico que o executara pero sen incluír modificación algunha, isto é co deseño tan prexudicial previsto polo anterior Goberno autonómico. Non contento con iso, a Xunta bipartita reduciu de 6 a 4 millóns de euros o investimento desta obra, todo para aforrarse uns cartos que proban que actuaron con total tacañería.
A NOVA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA SE IMPLICA
Curiosamente nesta mesma semana licitouse a obra do novo saneamento de San Ciprián, o. Pese ás alertas adiantadas por Alfonso Villares, o proxecto que ten previsto desenvolver este organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente, non contemplan as modificacións precisas para garantir os postos de traballo que desde o Concello queren protexer. E por iso que o Alcalde de Cervo logrou no día de hoxe a implicación da empresa pública autonómica que está disposta a ofrecer as solucións que ata o momento non se valoraron.
“Afortunadamente os novos xestores da Xunta si son conscientes deste problema e están comprometidos con esta decisión e por iso, os técnicos da Xunta adiantaron que estudarán o redeseño correspondente. Isto, é situarán o emisario alí onde non prexudique a ningunha das empresas do polígono, e garantan mellor a debida protección do medio ambiente”-explican desde o Concello.
RIQUEZA INDUSTRIAL, MEDIOAMBIENTA E NO EMPREGO
Villares subliñou que estamos a falar dun aspecto de vital importancia para o Concello, por tratarse dunha empresa que dá traballo a xente do noso municipio e ademais que é pouco contaminante. O Alcalde mantén que vai facer o posible para que mellorar o saneamento de San Ciprián, que é algo positivo, non teña porque traer consigo resultados negativos, como no caso de que afectase á viabilidade destas empresas. “Hai que protexer a riqueza industrial, medioambiental e no emprego”
PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO
Na reunión celebrada no día de hoxe asistiron responsables de Alrogal, Juan Pablo Barrio en representación da Empresa autonómica Obras e Servizos Hidráulicos, persoal técnico do concello e o proio Alcalde. O encontro tivo lugar nas oficinas da empresa acuícola e veñen a ser a primeira toma de contacto para a construción do emisario submarino desde a depuradora ata onde sexa preciso, con tal de que se garanta a boa xestión de residuos de saneamento e a viabilidade destas empresas.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



