NOTA DE PRENSA
O BNG DA MARIÑA APOIA A CONCENTRACIÓN NA DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO
Militantes do BNG, acudirán á mobilización de mañá en Ribadeo apoiando coa súa presenza as reivindicacións do séctor lácteo da comarca
A Mariña , 07 de maio de 2009. O Consello comarcal do BNG da Mariña , apoirá mañá a defensa do sector lácteo galego na mobilización que terá lugar en Ribadeo ás 12 horas da mañá. Deste xeito, a organización nacionalista quere mostrar o seu apoio ao conxunto do sector do leite, que está chamado a saír en mobilización e concentrarse mañá 8 de maio nas 14 principais comarcas leiteiras galegas. Todos os sindicatos confirmaron a súa participación nestas concentracións, que se prevén multitudinarias, xa que está convocado ás mesmas tanto o empresariado como o comercio das comarcas nas que se celebran manifestacións.
Desde o BNG de A Mariña manifestouse que a súa presenza nestas mobilizacións responden á pretensión de defender un sector lácteo que afronta a peor crise da súa historia, reclamando ao mesmo tempo da Xunta de Galiza que tome as medidas necesarias para paliar unha situación insostíbel e que se produzan cambios estruturais, como sempre defendeu o BNG, que permitan garantir no futuro un prezo mínimo do leite que cubra os custes de produción.
Calcúlase que ao redor de 100.000 empregos están directa ou indirectamente relacionados coa produción gandeira na Galiza, subsitindo aínda 13.000 explotacións lácteas que teñen o seu futuro comprometido se nun prazo curto de tempo as administracións non toman cartas no asunto, polo que o BNG da comarca dá Mariña chama a que todo o mundo participe das mobilizacións de mañá a favor do sector lácteo para defender a gandeiría galega dun ataque sen precedentes que compromete a viabilidade económica da metade dos concellos galegos, que viven directamente do sector lácteo.
















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



