LUGO .- O delegado a Área de Cultura da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, presentou este luns o programa do ciclo O Patrimonio Inmaterial: A Literatura Oral que organiza a asociación cultural MariñaPatrimonio en colaboración coa área que dirixe o nacionalista. As localidades de Viveiro, Ribadeo, Foz e Alfoz acollerán cadansúa conferencia os tres últimos venres de xuño e o primeiro de xullo. Na presentación, Veiga estivo acompañado polo presidente de MariñaPatrimonio, José Luis Rodríguez Guerreiro, e por outros integrantes da agrupación cultural organizadora.
Na súa intervención Antonio Veiga a importancia “de manter vivo este patrimonio inmaterial que forma parte da historia da literatura e da oralidade galega”. Vinculada á literatura oral está a lingua galega e a música tradicional de Lugo e, concretamente, da comarca da Mariña, asegurou o nacionalista. Ao remate do seu discurso, o delegado da Área de Cultura da Deputación salientou que dende esta institución, concretamente dende a área que el dirixe, se está a traballar en prol do mantemento e consolidación do patrimonio inmaterial existente en todas as comarcas lucenses. Un labor ao que contribúe MariñaPatrimonio poñendo ao dispor da sociedade un “anaco da historia da literatura oral desta zona”.
Pola súa banda, o presidente de MariñaPatrimonio, José Luis Rodríguez Guerreiro, detallou os contidos das catro conferencias. O venres 12 de maio, o Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro acollerá, ás 20:00 horas, a primeira das conferencias titulada “A literatura oral na canción galega” da man de Baldomero Igrexas (Mero) e Xosé Luis Rivas (Mini). O 19 e 26 de maio, á mesma hora, a Casa das Letras de Ribadeo e a Libraría Bahía de Foz acollerán os relatorios “Guía da narrativa oral” e “Mitos e monstros da Mariña” de Xosé Miranda e Antonio Reigosa, respectivamente. A última das xornadas terá lugar o venres 10 de xullo no Salón de Actos do Castelo do Castro de Alfoz grazas á participación no ciclo de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón coa súa disertación titulada “Polo país do Valadouro: xigantes, mouras, ninfas, demos e santos.”




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



