BURELA .- Responsables da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA), visitarán esta semana en Burela o Barco Museo Reina del Carmen e a zona xeolóxica para a súa inclusión no traballo que están a levar a cabo denominado Proxecto Fénix no marco das iniciativas de educación ambiental desenvolvido por empresas, centros educativos, concellos e grupo ecoloxistas de Galicia. E edil de Comercio, Industria e Turismo, José González Legazpi, suliña que “así dan contexto por tanto dentro do referido proxecto as singularidades que ofrecen no referente coa historia de Burela e a súa relevancia turística e cultural que representan o Barco Museo e o espazo xeolóxico”.
O concelleiro nacionalista lembra que “recentemente a destacada revista Navegar facía referencia ao interese turístico de Burela, con especial referencia ao Barco Museo o que se destacaba de modo significativo na súa sección Aula del Mar, e nestes mesmos días tamén se atopaba como noticia de interese na editorial recreatuviaje.com, dentro do contexto informativo do patrimonio cultural de Galicia. E onte mesmo dábase conta da súa emblemática historia e interese turístico nun comentado espazo matinal de Radio Nacional de España Radio 5 consecuencia do intenso traballo que se está a desenvolver dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo de Burela”.
Burela destino turístico
José González Legazpi considera que “o Concello de Burela avanza de forma significativa na súa consecución de destino turístico dentro da comarca da Mariña conforme no lo refiren os indicadores manexados e mesmo os conceptos de retorno informativo, con indicativos dunha importante potenciación nos últimos tempos, a pesares do escenario de complexidade no que sempre se desenvolve o turismo polos múltiples factores de influencia e mesmo da repercutible coxuntura económica actual. Polo tanto Burela atópase de forma constante e activa nos medios más importantes ao tempo que se analizan e actualizan no posible as condicións de influencia no senso de que tódolos factores posibiliten a constante potenciaciòn do Concello como destino turistico de interes”. O concelleiro de Turismo engade que “no concello de Burela estanse a valorizar os recursos de forma determinante e aplicando as máximas condicións de desenvolvemento porque son estes os parámetros que nos están dando referencias positivas e os que nos traerán sen dúbida potencialidade turística e por conseguinte frutífero desenvolvemento económico”.























Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



