O Bloque Nacionalista Galego de A Mariña renovará a súa executiva comarcal nunha asemblea de afiliados que se celebrará sábado ás cinco e media da tarde. O actual responsable comarcal do BNG, Xosé Ramón Ermida, non se presenta á reelección. Segundo informou a emisora de radio Onda Cero A Mariña, está previsto que haxa tres candidaturas, que encabezarán o barreirense Antonio Veiga, o ribadense Farruco Graña e o mindoniense Xusto Fernández Haro. Un deles será o novo responsable comarcal do Bloque a partir do sábado.
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Asemblea do BNG de A Mariña para substituír ó responsable comarcal, Xosé Ramón Ermida
Relacionado
-
O PPdeG avanza que as axudas para a incorporación de agricultores mozos ou a modernización de explotacións poderán solicitarse a partir de mediados do mes de xullo
-
ADEGA denuncia que a nova planta de ENCE, nas Pontes, eleva a presión sobre as Fragas do Eume
-
O BNG reclama a Medio Rural que subvencione a vacinación gratuíta e voluntaria do gando para previr a EHE este verán