LUGO .-O Plan Estratéxico da provincia, que está a elaborar a Deputación en colaboración con Caixa Galicia, celebrou este mércores no INLUDES unha nova mesa sectorial na que se analizará o estado actual das infraestruturas viarias na provincia, analizando as súas características técnicas, lonxitude, anchos de calzada, tipos de rede, competencia e titularidade da rede viaria, entre outras cuestións. En total son 21 mesas nas que, desde o mes de maio, os representantes socioeconómicos analizan a diagnose pormenorizada da provincia que se elaborou durante a primeira fase do Plan, e fan as súas propostas.
Na xornada de hoxe tamén se estudou a conectividade e a accesibilidade ós núcleos urbanos. Unha vez abordadas estas cuestións someteuse a debate as actuacións previstas no Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte e no Plan Sectorial de Estradas de Galicia levado a cabo pola Xunta de Galicia. Procedeuse á análise de como se realiza a conservación e explotación da infraestrutura viaria, os problemas que se presentan, carencias e as posibles melloras. Tamén se trataron as formas de xestión de cada Administracións. Finalmente, abordouse a seguridade vial, as melloras obtidas neste campo nos últimos anos.
Equipamentos sociais e solo industrial
O xoves celebraranse as mesas sectoriais de “Servizos e Equipamentos Sociais” e de “Solo Industrial”, como parte da elaboración do Plan Estratéxico da provincia.
No primeiro caso, destacarase que Lugo atópase en niveis semellantes a Ourense, apreciándose diferenzas coas provincias da Coruña e de Pontevedra, debido ós niveis de poboación existentes. Neste senso, as zonas da provincia con mellores servizos son a zona centro e a zona norte. Para elaborar a diagnose recolléronse informacións indirectas como as actividades de restauración e bares, entidades de crétido ou número de teléfonos e liñas de
banda ancha, e información directa como servizos de recollida e lixo, recursos sanitarios, de educación, de cultura e recreo. A xornada de traballo dará comezo ás 12:00 horas.
En canto á de solo industrial, que se iniciará ás 17:00 horas, explicarase que Lugo é a provincia galega de menor dotación. Na actualidade existen 2.175.766 m2 de solo industrial. Así mesmo, están vendidos 883.765 m2 nos parques operativos, o que representa máis do 62% do total, aparecendo como superficie industrial libre 503.261 m2. Se incluímos os polígonos en execución e os que se atopan en trámite de realización arroxan un total de case 5 millóns de metros cadrados de solo industrial dispoñibles para a industria nos vindeiros anos.
Esta é a primeira vez que en Lugo se prepara un Plan Estratéxico que vai afrontar a provincia dun xeito global. Trátase dun documento importante porque recollerán a realidade desta provincia e os seus retos de cara o futuro. Está previsto que o documento estea rematado no mes de agosto.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



