CERVO .- O Concello de Cervo contratará a sete socorristas e doce traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida “grazas ao programa de cooperación coas entidades locais”. As persoas que poidan estar interesadas nestes postos de traballo deben acudir a oficina de emprego. Tratase de contratos temporais por tres e seis meses.
NOTA DE PRENSA
As contratacións están subvencionadas pola Xunta de Galicia grazas ao programa de cooperación coas entidades locais
CERVO CONTRATARÁ A TRAVÉS DAS OFICINAS DE EMPREGO A SETE SOCORRISTAS E DOCE TRABALLADORES DO GRUMIR
• Desde o Goberno municipal aconsellan a aquelas persoas que poidan estar interesadas nestes postos de traballo que acudan as oficinas do antigo INEM para comprobar e actualizar os seus datos.
Cervo, 13 de xuño de 2009.- O Concello de Cervo contratará a sete socorristas e doce traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida a través das Oficinas de Emprego. Así o anunciaron fontes do Goberno municipal que explicaron que as devanditas contratacións se realizan grazas á subvención da Xunta de Galicia a través do programa de cooperación coas entidades locais.
As contratacións terán carácter temporal, no caso dos socorristas cunha duración correspondente á época de baño estival –tres meses- e, no caso dos membros e persoal de Protección Civil cunha duración de seis meses e medio, desde a data de sinatura do contrato.
O Concello de Cervo desenvolverá ao longo da próxima semana o proceso de selección de persoal unha vez recibida a lista de posibles interesados desde as oficinas de emprego (antigo INEM). É por iso que aconsella a aqueles veciños que poidan estar interesados nestes postos de traballo que acudan ao Servizo Galego de Colocación a revisar e comprobar as súas solicitudes de emprego e se nelas aparecen descritos os postos de traballo que se están a ofertar.
Os sete novos socorristas terán como función principal a vixilancia das zonas de baño, nos principais areais do termo municipal. De xeito especial naqueles espazos de maior concentración de bañistas. Para 2009 dúas praias de San Ciprián, O Torno e A Caosa contan co recoñecemento de calidade e servizos que lle outorga a Asociación de Consumidores Europea (ADEAC), isto é, a bandeira azul.
O persoal temporal dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) desenvolve labores de apoio aos traballadores permanentes de Protección Civil e supoñen un reforzo de transcendental nestas labores, na época estival, onde Cervo multiplica a súa poboación, pola afluencia de visitantes, e se celebran as principais citas festivas do ano.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



