NOTA DE PRENSA
O Partido Popular pide á Deputación que estableza un réxime de axudas directas ó sector leiteiro
* É unha das propostas que se inclúen nunha moción que levan ó vindeiro pleno e que persegue garantir a estabilidade deste sector na provincia de Lugo
Lugo, a 26 de xuño de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular levará o pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción de apoio ó sector leiteiro lucense.
Os acordos que se inclúen nela pasan por demandar ás administracións competentes na materia o apoio á firma de contratos homologados que lle den ó sector a estabilidade necesaria en cuestións tan importantes como a garantía na recollida e no prezo e que éstas, ademais, se aseguren do seu cumprimento; así como a adopción de medidas que aporten liquidez ó sector, nun momento no que as explotacións están moi afectadas pola crise, polo recorte dos prezos do leite e polas dificultades de acceder a un crédito. Estas medidas que se deben implementar son, ó entender dos populares, o establecemento de préstamos cos xuros subvencionados pola Administración, anticipo de axudas, financiamento de avais, divulgación de técnicas de reducción dos custos de produción, etc.
O GPPP tamén solicita na súa moción que se leven a cabo os controis necesarios en todos os eslabóns do sector, dende a produción, a industrialización e ata a comercialización, para evitar prácticas fraudulentas que poidan provocar algún desequilibrio no mesmo; e pedir á Administración central, e en concreto ó Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, que se implementen e coordinen todas as medidas que se poñan en marcha en apoio ó sector e se impulsen hacia outras Comunidades Autónomas, como de feito se está a facer xa dende a propia Xunta de Galicia.
Os populares instan asimesmo á Deputación de Lugo e o INLUDES a establecer un réxime de axudas ó sector leiteiro para garantir a estabilidade do mesmo na provincia baseado nas líñas de actuación que se marcan na propia proposta.
O gran proceso de reestruturación sufrido polo sector lácteo provocou, segundo suliñan dende o PP, que desapareceran un gran número de explotacións, na maior parte dos casos de pequenas dimensións, que ó liberar a cota que tiñan asignada, conlevaron unha reestrutruración das restantes explotacións. Pero o acordo político alcanzado sobre o chequeo médico da PAC conleva o establecemento de novas regras de xogo como a liberalización das cotas lácteas a partir do 2015.
A incertidume provocada pola posible eliminación das cotas e as distorsións producidas nos mercados mundiais (que tanto se están facendo sentir no sector nestes tempos) poñen nunha situación delicada a moitas das explotacións existentes na provincia e en Galicia en xeral, deixándoas, nun cotexto de mercado libralizado, nunha desventaxa competitiva frente as doutros Estados.


















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



