NOTA DE PRENSA
Os actuais xestores do Concello de Mondoñedo pretenden sufragar con fondos procedentes dunha subvención autonómica un contrato subscrito a favor dunha empresa privada polo Goberno de Loira Rúa
O PARLAMENTO INVESTIGARÁ A REGULARIDADE DA DECISIÓN DO ACTUAL GOBERNO MUNICIPAL DE MONDOÑEDO DE PRORROGAR UN CONTRATO ASINADO EN 1999 PARA A REDACCIÓN DO PLAN XERAL
• O custe de operación superaría os 125.000 euros, e a prórroga podería terse efectuado para sortear as obrigas que a lei de contratación outorga para garantir a publicidade, concorrencia competitiva e limpeza nos procesos de adxudicación levados adiante polas administracións públicas
• Calquera tipo de irregularidade faría inviable a axuda autonómica e, o que aínda é moito máis grave, provocaría innumerables prexuízos aos veciños deste concello que verían adiada a redacción definitiva e a entrada en vigor do PXOM.
A Mariña, 11 de xuño de 2009.- O Parlamento de Galicia investigará a proposta do Grupo Popular a regularidade da decisión adoptada polo actual Goberno municipal de Mondoñedo que prorrogou un contrato asinado en 1999 para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O Executivo que preside Orlando González pretenden sufragar con fondos procedentes dunha subvención autonómica un contrato subscrito a favor dunha empresa privada polo Goberno de Loira Rúa. Isto é pretenden prorrogar un contrato asinado fai 10 anos cun custe superior aos 125.000 euros, a través dun procedemento que podería terse iniciado co obxecto de sortear as obrigas que a lei de contratación outorga para garantir a publicidade, concorrencia competitiva e limpeza nos procesos de adxudicación levados adiante polas administracións públicas.
Os deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao interesáronse por esta cuestión a instancia do Grupo Municipal Popular que observaba con preocupación a manobra desenvolvida polos actuais xestores do Concello de Mondoñedo. De feito, calquera tipo de irregularidade faría inviable a axuda autonómica e, o que aínda é moito máis grave, provocaría innumerables prexuízos aos veciños deste concello que verían retrasada a redacción definitiva do PXOM. En definitiva, demoraría a entrada en vigor do que garante e favorece o desenvolvemento equilibrado e sostible do urbanismo de Mondoñedo.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



