BURELA (FNC) .- O xoves 30 de xullo remata a primeira tempada do clube de lectura de Burela que iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro na bibliteca pública. A concelleira de Cultura, Neves Cando, sinala que “ao longo destes nove meses de percorrido que continuará en setembro as persoas participantes, un total de 20, limos quince libros dos máis diversos estilos, épocas e autores. Comenzamos a finais de outubro co Clube da calceta de María Reimondez e contamos coa presencia da propia autora que compartiu con nós as súas vivencias sobre a novela. E a partires de aí reúnimos cada quince días para comentar o libro correspondente”. El amor en los tiempos del cólera de García Márquez, El retrato de Dorian Gray de Óscar Wilde, A sangre fría de Truman Capote ou a primeira e segunda parte da triloxía Millenium de Stieg Larsson foron algúns dos libros dos que disfrutaron os participantes no clube de lectura de Burela. Neves Cando engade que “tamén a literatura galega tivo cabida no noso clube e a parte do Clube da calceta tamén compartimos as nosas experiencias tras a lectura de Resistencia de Rosa Aneiros ou O sol de verán de Carlos Casares”.
A edil nacionalista lembra que “este clube de lectura naceu coa intención de xuntar a un grupo de persoas amantes da lectura que cada quince días comentamos os libros escollidos. Hai distintas bibliotecas da rede galega que poñen a disposición os seus fondos bibliográficos para estes intercambios de libros e así podemos contar cuns 400 títulos entre os que facemos a escolla, segundo distintos criterios por preferencias de xénero, de autor, de temática ou simplemente polas referencias que temos del. E a partires de aí consolidamos o noso hábito pola lectura nun punto de encontro que se podería denominar ler polo pracer de ler”. Cando segue a relatar que “somos arredor de 20 persoas as que seguimos habitualmente estas reunión e as lecturas correspondentes, o que desde a Delegación de Cultura nos permite valorar esta actividade como un rotundo éxito polo que de punto de encontro dos amantes da lectura e da conversa supón. Rematamos esta tempada coa novela gañadora da 27 edición do premio Blanco Amor que foi organizado en Burela. Trátase de Monte louro de Luis Rey Núñez”. O concelleira de Cultura convida “a todas as persoas que sendo amantes da lectura e do intercambio de experiencias sobre esta se queiran unir ao noso clube posto que temos as portas abertas a todos e a todas”.





















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



