XOVE .- Debido a apertura de novas rúas no casco urbano de Xove, o Concello veuse na obriga de modificar a sinalización viaria dalgunhas zoas, entendendo por sinalización viaria semáforos, pasos de pións, sinais verticais e sentidos de circulación. Con este motivo, dous técnicos da Empresa SICE desprazáronse a Xove para asesor ao Concello nestes temas. As actuacións que se van realizar dentro do caso urbano comprende o Cruce das estradas de A Rigueira e Sumoas, e o Cruce da Rúa Acceso Grupo Escolar e Vivendas Sociais.
Unha das primeiras actuacións vai ser a substitución dos reguladores semafóricos (os chamados cadros dos semáforos) por estar anticuados ou ben avariados. No que atinxe ás lámpadas dos semáforos, van ser substituídas por novas lámpadas LEDS, co cal se vai conseguir un importante aforro enerxético no consumo das mesmas.
Vaise realizar tamén unha pequena reordenación circulatoria no entorno das vivendas sociais, que ata este intre tiñan circulación de dobre sentido e non contaban con semáforo propio de saída. Aí vaise reordenar a circulación co establecemento dunha dirección única, con entrada pola parte traseira das vivendas sociais e saída pola dianteira, a cal vai ter un semáforo regulador de saída.
Dentro da mellora viaria vanse incluír dous novos pasos de pións, e tamén, como unha importante medida integradora, vaise dotar aos principais pasos de pións de avisadores acústicos, especialmente recomendados para persoas cegas.
O orzamento previsto para esta importante obra ronda os 32.000 €uros, que van ser financiados integramente polo Concello.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



