RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro anima aos ribadenses a asistir ao curso de astronomía que deu comenzo onte na Casa da Ría.
O edil nacionalista explicou que “onte inauguramos este curso de astronomía que tiñamos previsto. Había unha solicitude de 54 persoas para acudir e por razón de tempo posiblemente, acudiron soamente 28. Entón quero invitar, a pesares de que non estean anotados, a todas aquelas persoas que queiran acudir, incluso xente xoven, que acudiu algunha pero que me gustaría que fosen máis, xa que se celebra este ano o cuarto centenario ou efemérides de que Galileo Galilei fixo a primeira observación”.
Horacio Cupeiro lembrou que “todas aquelas persoas que queiran acudir ás observacións só teñen que ir a Santa Cruz a partires das 22.30 horas da noite e xa nos encontrarán alí”.
Hoxe o curso centrará a súa clase teórica, de 19.00 horas a 20.30 horas, no sistema solar: o Sol, planetas e satélites. Mañá mércores, versará sobre os planetas ananos, cometas e asteroides. O xoves centraranse nas estrelas e o venres rematará o curso cunha clase sobre a vía láctea. Ademáis tódolos días a partires das 22.30 horas os asistentes poden participar nas observacións correspondentes.






















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



