NOTA DE PRENSA
O PP denuncia a persecución da Deputación ós concellos con alcaldes populares
* O rexedor de Xove, Demetrio Salgueiro, pediulle a Besteiro que “tome cartas” na marxinación que sufre munipio
* González Barcia e Yanes Ginzo lémbranlle a Melchor Roel que é representante de toda a comarca, incluido Xove
Xove, 28 de agosto de 2009.- Cargos do Partido Popular da comarca da mariña denunciaron, en Xove, a persecución que están a sufrir, por parte da Deputación bipartita que copresiden Gómez Besteiro e Antón Bao, moitos concellos presididos por alcaldes do PP.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, que compareceu en rolda de prensa acompañado dos deputados provinciais mariñanos José María González Barcia e José Manuel Yanes Ginzo, pediulle a Gómez Besteiro que “tome cartas na marxinación que está a sufrir Xove desde a Deputación”. Salgueiro Rapa pediulle a Besteiro que “en vez de vir ó Faro de Roncadoiro a sacarse fotos, ainda que sexa en vacacións, pare só cinco minutiños en Xove e fale con el, como representante de todos os cidadáns do municipio, para buscar unha saída á situación de marxinación creada desde a chegada do bigoberno á Deputación”. Salgueiro considera que “un xesto de mala educación e mal gusto que o Presidente da deputación evitase pasar polo seu municipio. Demostra que non coñece Xove e polo tanto descoñece o maltrato da Deputación que el preside hacia os veciños e veciñas deste concello”.
O alcalde de Xove ratificouse nas súas intencións de asumir a totalidade da recadación municipal, “porque mesmo pode compensarnos a nivel económico”, así como de levar ós tribunais á Deputación e ó seu presidente, “porque a súa obriga é velar polo patrimonio da administración provincial e non o está a facer, e entre ese patrimonio está a rede viaria”.
Desgoberno e parálise de actuacións.-
Pola súa banda, González Barcia, portavoz adxunto do PP na Deputación, insistiu en que “o bigoberno que desgoberna a Deputación paralizou actuacións na Mariña por un importe que ronda os trece millóns de euros, máis de dous mil millóns das antigas pesetas”. Para os populares “a postura e manifestacións de Melchor Roel son un acto chulesco e tabernario: nin como alcalde de Viveiro, por respecto á un concello veciño, nin como deputado provincial, porque se convirte nun representante de toda a comarca, debe dicir o que dixo. Perdeu unha boa oportunidade de manterse calado. Non se recorda semellante saída de pata e banco, ainda que vindo de quen vén nin sorprende nin tampouco ofende, simplemente decepciona, porque confiábamos en que había unha posibilidade de rectificación, e tamén é bon que os veciños de Viveiro teñan máis coñecemento da persoa que os representa institucionalmente”.
Barcia manifestou que o mal estado da estrada de Xove a Valcarrría por Monte é perfectamente comprobable, e é de mal gusto que Roel se atribúa un éxito porque se arranxe o tramo que lle afecta ó concello de Viveiro, xa que nin como alcalde nin como deputado debería facelo.
Igualmente, o portavoz adxunto dos populares considera que a paralización das obras da estrada de Lago ó Portiño de Morás e entre Palmeiro e O Tarolo, na Rigueira, é un intento máis de eliminar calquera rastro de xestión da etapa do PP na Deputación. Barcia lembrou que “deputados provinciais socialistas e socialistas de Xove teñen demandado a estrada entre Lago e Morás con grande batifondo mediático, e agora asistimos a un xesto máis de incoherencia e, o que peor, de sectarismo por parte dos socialistas”.
Pola súa banda, Yanes Ginzo indicou que “o estado da rede viaria provincial é pésimo, causa enorme inseguridade viaria e dalle a razón ó alcalde de Xove, “calquera que teña un incidente que lle reclame á Deputación”. Ginzo tamén dixo que en concellos nos que a Deputación mantén a competencia de realizar os desbroces a día de hoxe ainda non comenzaron ou están moi mal feitos, “temos unha rede viaria provincial que sen dúbida ningunha estará irrecoñecible dentro de sete ou oito meses se vén un inverno duro”.
Os deputados provinciais do PP pola Mariña anunciaron que levarán a marxinación do Concello de Xove ó vindeiro pleno da Deputación, e preguntaranlle a Besteiro se tén previsto correxir a actual situación e de que forma.

















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



