BURELA (FNC) .- A Concellaría de Medio Ambiente de Burela poñerá en marcha a partires de mañá unha campaña de concienciación para que os usuarios das praias non deixen as cabichas na area.
A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza explicou que “imos comezar unha campaña de concienciación para que a xente pense no importante que é non deixar as cabichas ou colillas na praia. Para levar a cabo esta campaña as monitoras do Centro de Educación Medio Ambiental Gaia van repartir cinceiros de man que son reutilizables para os usuarios das nosas praias durante a tarde de mañá a partires das 16.00 horas. Dende este día, todos aqueles que desexen conseguir un cinceiro poderán acudir ó posto dos socorristas que é o lugar onde lles vai ser facilitado”.
Lucía Bouza lembrou que “é moi importante que respetemos o noso medio ambiente con pequenos xestos como é este de non deixar as cabichas na praia, xa que estas son difícilmente biodegradables e conteñen numerosas substancias nocivas que proveñen do tabaco e que se liberan en contacto coa auga, perxudicando a vida acuática e a calidade das zonas de baño. É realmente importante que non tiremos as cabichas na area e por iso vamos repartir durante a tarde de mañá estes cinceiros reutilizables”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



