BURELA (FNC) .- Burela acollerá do 14 ao 17 de agosto a II Feira de Antigüedades e Coleccionismo, na que está a traballar a Delegación de Industria, Comercio e Turismo que dirixe José González Legazpi. O evento será no pavillón dos institutos.
Segundo Legazpi “esta segunda edición reunirá a un número de expositores superior ao do pasado ano e atoparase tamén aberta ao público un día máis que na pasada edición, o que representa un avance importante e unha aposta cara a súa consolidación. Agardamos polo tanto un exitoso resultado da feira que cumpre unha necesidade na comarca non só de cara ao sector, senón que pretende tamén dirixirse a tódolos públicos, en canto que dispón dun amplo abano de obxectos valiosos e serios, pero non caros”.
O edil nacionalista engade que “si na pasada edición participaban xa anticuarios de Francia e Portugal, dándolle ao evento un carácter internacional, nesta segunda edición virán tamén expositores procedentes de Italia e Alemaña, así como españois de distintos lugares, como Madrid, Valencia ou Barcelona. En definitiva un certame de importancia para a comarca da Mariña esta II Feira de Antigüedades e Coleccionismo de Burela, que traerá sen dúbida ao noso concello e a esta zona posibilidades económicas e turísticas”.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



