RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción aos representantes institucionais de Talmont-Saint-Hilaire, que acompañan aos participantes na XII Regata Transgascogne 6.50. Ao acto, que estivo presidido polo alcalde, Fernando Suárez e por Michèle Daviet, asistiron representantes de tódolos grupos políticos ribadenses.
Fernando Suárez deu a benvida a todos eles, presentou a tódolos compañeiros da corporación, e suliñou que “para nós, este evento deportivo, que é o primeiro destas características que acolle a nosa vila, fai que se potencie máis o porto e se poña en valor o potencial turístico de Ribadeo”.
O rexedor engadiu que “aínda que o noso porto deportivo non ten tanta tradición na vela, estamos traballando para mellorar e esperamos que este non sexa o único, senón o primeiro evento dunha longa listaxe”.
O alcalde entregoulle a Michèle Daviet, un grabado do casco antigo e un escudo de Ribadeo como recordo deste encontro que desexa repetir.




















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



