NOTA DE PRENSA
O GMPP pídelle ó alcalde que cumpla o que anuncia.
Afirman que a finca do Parque do Campón e o alumiado do Cantiño seguen sen solucionarse.
Os populares cren que o alcalde debeu asistir ó certame de alfombras florais de Castropol.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que a situación da finca do Parque do Campón próxima á zona de autocaravans, que presenta unha grande cantidade de auga cun importante desnivel e ausencia de medidas de seguridade segue exactamente igual que estaba hai un mes, cando o alcalde anunciou a bombo e platillo que tal problemática se ía solucionar. Cómpre indicar que nestes días hai familias que están eliminando co aspirador doméstico os insectos que hai nas súas casas, procedentes da indicada finca.
Esta situación foi denunciada verbalmente no concello por algún veciño hai xa máis de mes e medio, e no pleno de finais de Xullo o PP preguntou polas medidas que se ían adoptar; o alcalde reiterou o que xa dixera a principios de Xullo, que se ían tomar medidas. Pero o peor é que esas medidas non chegan e as familias que están a sofrir tales perxuicios atópanse cada vez máis preocupadas, porque ven que os anuncios do alcalde non se cumplen.
O PP lémbralle ó alcalde que non pode enganar ós veciños: o alcalde está para cumplir o que di e para atender as demandas dos cidadáns. E neste caso, que pode orixinar problemas de saúde pública, o seu deber, conforme á lexislación vixente, é actuar de inmediato. Polo contra, hai un mes que anunciou que ía facer e non fixo ainda nada. Polo tanto, só hai dúas conclusións: o alcalde non tén proxectos para Burela, e ademais é incapaz de abordar con solucións urxentes as cuestións que se derivan do día a día.
O mesmo acontece co alumiado da segunda fase do Paseo Marítimo do Cantiño. Ese alumiado non funciona, dixo hai tres meses que estaba a piques de resolverse, pero a realidade é que o alumiado segue sen funcionar. O PP lembra que este asunto xa foi tratado no pleno do concello en dúas ocasións, e que nas dúas o alcalde deu garantías de que en breve ía estar solucinado. As únicas garantías das que non falou son as que falan da súa ineficacia, que son as que sempre se cumplen, porque non fai nada.
Ademais, o PP quere denunciar que o alcalde non estivo á altura das circunstancias no certame de alfombras florais de Castropol. Non acudiu coa representación burelesa, cando tiña tempo sobrado para facelo. Asimismo, os populares denuncian que o concello de Burela non distribuiu material divulgativo e agasallos entre os outros concellos. O PP, que recolle o sentir de algunhas das persoas que representaron a Burela no certame de alfombras florais de Castropol, tamén indica que as camisetas que se lles deron para poder identificarse, azules e verdes segundo foran para homes ou mulleres, en ningún caso facían mención a Burela, e sí a unha empresa que é quen fai as camisetas.
Finalmente, o GMPP quere indicar que o alcalde puido ir perfectmente a Castropol ó acto de clausura, que foio o domingo día 26 de Xullo ás dúas da tarde. Tiña tempo entre a misa do Castelo e a comida. E ainda que cada un divírtese como quere e como lle apetece, en todo caso respectando o medio ambiente, cousa que confiamos que o propio alcalde fixera no Monte Castelo, o alcalde non debe esquecer nunca que está ocupando un posto que representa ó conxunto de cidadáns de Burela, e a eles é ós que se debe. E o acto de Castropol, importante pola divulgación turística entre outros concellos de renome, merecía que Burela fixera un esforzo, e o alcalde tamén.



















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



