XOVE .- Xove celebra o mércores o Día do Neno dentro do programa de actividades festivas San Bartolo 2009. Os máis pequenos poderán desfrutar de titeres, inchables, e circo, todo elo no Centro Civico e no pavillón de deportes.
NOTA DE PRENSA
O CIRCO DE PISTACATRO PRODUCCIÓNS, ESPECTÁCULO ESTRELA DO DÍA DO NENO EN XOVE
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, sigue co amplo Programa de Actividades San Bartolo 2009, e despois de dous días de teatro, continuamos mañá mércores 26 de agosto co DIA DO NENO.
O Programa do DÍA DO NENO, é o seguinte:
Mércores, 26 de agosto:
-Ás 16:30 horas: Rocambola Títeres con “As Aventuras do Monstro de Fran Ekestein todos Ben”, no Salón de Actos do Centro Cívico.
Trátase dun divertidísimo espectáculo para toda a familia que conta as peripecias do Monstruo Manolito, o cal, Farto dos histerismos do seu creador, o Profesor Fran Ekestein Todos Ben, decide fuxir do laboratorio que o viu nacer. En definitiva, unha obra de títeres para tódolos públicos, especialmente para NENOS/AS. Duración: de 50 a 60 minutos.
Esta obra pertence ao Programa Cultura Vai Verán, que a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organiza coa colaboración da Concellería de Cultura de Xove.
-Ás 17:30 horas: rematados o títeres, teremos Inchables Diverneno, na renovada Praza do Concello.
Esta atractiva diversión vai durar aproximadamente ata as 20:50 horas, e consta das seguintes atraccións: Búfalo Mecánico, Tobogán Xigante, Casita de Pelotas, La Granja e Fantasía. A entrada é totalmente libre e gratuita para tódolos públicos. Neste caso a organización e o patrocinio corre a cargo exclusivamente do Concello.
-Ás 21:00 horas: rematados os hinchables, teremos CIRCO con Pistacatro Produccións que vai desenvolver o espectáculo “Cabarés Pistacatro” no Pavillón Municipal de Deportes.
Trátase dunha función de CIRCO, do novo circo galego, e é o ESPECTÁCULO ESTRELA deste Día da Xuventude. Está considerado o mellor espectáculo de circo de Galicia. É un espectáculo múltiple e variado, onde van disfrutar todos, peques e maiores. Para esta función no Pavillón de Deportes, o Concello vai colocar 300 sillas no Pavillón, o que sumado ás gradas disporemos orredor de 600 localidades para o público.
Os Cabarés de Pistacatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué. Ofrécese así ao público un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de 5 ou 10 minutos.
“Pistacatro Produtora de Soños, SL é un colectivo humano constituído como empresa, fundada por sete artistas, con sede en Santiago de Compostela e pioneira en Galicia en crear, producir e distribuír espectáculos de novo circo e cabaré. Actores de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns, este heterodoxo grupo de artistas decidiu establecerse como empresa tras unha traxectoria xuntos dende o ano 2000. Sete anos nos que estiveron formándose e actuando con outras compañías por Galicia, o Estado español e polas máis diversas partes do mundo: Cuba, Rusia, Brasil, Arxentina, Gran Bretaña, India, Mozambique, Portugal, República Checa, Italia…
Esta función de Circo tamén pertence ao Programa Cultura Vai Verán, que a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organiza coa colaboración da Concellería de Cultura de Xove.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



