VIVEIRO .- A Deputación concedeu 439.056,01 euros ao Concello de Viveiro para amañar e dotar de céspede artificial o campo de fútbol do Cembedo, anunciou o delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, na habitual rolda de prensa posterior á xunta de goberno do organismo provincial.
Nota de Prensa
ANTONIO VEIGA ANUNCIOU A CONCESIÓN DE 440.000 EUROS PARA DOTAR DE CÉSPEDE ARTIFICIAL O CAMPO DE FUTBOL DO CEMBEDO, EN VIVEIRO
A Área de Deportes da Deputación outorgará ao Concello de Viveiro a subvención de 440.000 euros entre o 2009 e o 2010 para executar a obra que suporá a instalación dunha superficie de céspede artificial no campo do Cembedo
Tamén se aprobou a adxudicación provisional da obra para a construción das piscinas municipais de Becerreá por un importe próximo aos 720.000 euros
LUGO, 25 de setembro de 2009. O delegado da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, informou na habitual rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación, da aprobación dunha subvención ao Concello de Viveiro de 439.056,01 euros para proceder ao arranxo do Campo de Fútbol do Cembedo, dotándoo dunha nova superficie de céspede artificial para o terreo de xogo. A subvención outorgada ao Concello de Viveiro, segundo o aprobado na Xunta de Goberno da Deputación desta mañá, farase efectiva en dúas anualidades, achegando a cantidade de 20.856,80 euros no presente ano e os restantes 418.199,21 euros no vindeiro 2010.
Deste xeito, grazas ao compromiso económico da Área de Cultura da Deputación, co novo céspede artificial o campo de fútbol do Cembedo poderá soportar un uso moito máis continuado e intensivo, xa que os materiais empregados para a construción deste tipo de recintos deportivos presentan unha resistencia moi alta ao desgaste. Outra das vantaxes da superficie de herba sintética, fronte á herba natural, é a de non necesitar un mantemento nin tan custoso nin exhaustivo, o que se traduce nun maior aforro económico co paso do tempo. O delegado de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, lembrou que “o campo do Cembedo é un recinto deportivo empregado por multitude de clubs de Viveiro, desde categorías inferiores a fútbol afeccionado, e que sofre uns estragos polo uso intensivo que imposibilita a práctica deportiva nos meses de inverno”.
Segundo indicou Antonio Veiga, a Área de Deportes da Deputación con este investimento fai fronte ás deficiencias que esta infraestrutura deportiva presentaba, consolidando o seu traballo a prol de dotar aos concellos das comarcas lucenses de instalacións deportivas públicas e de calidade, que permitan a práctica do deporte a toda a cidadanía nunhas condicións óptimas.
Piscinas de Becerreá
Por outra banda, noutro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno desta mañá, o delegado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga, anunciou a adxudicación provisional da obra para a construción das piscinas municipais de Becerreá por un importe próximo aos 720.000 euros. A adxudicación provisional da obra recaeu na empresa Sistemas Avanzados de Transformación Industrial, S.L. pola cantidade de 611.851,83 € aos que hai que engadir 97.896,29 € en concepto de IVE e unha mellora de 9.479,00 €, en un prazo de execución de doce meses.
Con esta forte inversión por parte da Deputación, Antonio Veiga indicou que o Concello de Becerreá poderá contar cunha infraestrutura deportiva e de lecer coa que non contaba e que era moi demandada, sobre todo durante a época estival, xa desde hai moito tempo.
Aboamento subvencións a entidades
Antonio Veiga tamén deu conta da aprobación do aboamento das achegas dirixidas ás entidades culturais e deportivas lucenses co obxecto de sufragar unha parte ou a totalidade do programa de actividades desenvolto en 2008. Tal e como salientou o nacionalista, a Deputación de Lugo destinará finalmente 9.117,78 euros a 4 asociacións culturais e 25.651,64 euros a un total de 18 entidades deportivas.
| ENTIDADES DEPORTIVAS | SUBVENCIÓNS |
| Tikitaka Fonsagrada, F.S. | 600,00 |
| Asociación Xuvenil Sagrado Corazón | 3.800,00 |
| Club Fútbol-sala Vagalume | 600,00 |
| Club Ximnasia rítmica y patinaje Becerreá | 1.950,00 |
| Club Baloncesto Cidade de Lugo | 1.900,00 |
| Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz | 600,00 |
| Cruceiro de Meilán (Riotorto) | 882,03 |
| Club de Bolos (Ribadeo) | 1.200,00 |
| Club Cabaleiros do Asma (Chantada) | 352,86 |
| Charly Racing Team | 3.120,00 |
| Quinto Nombre Fútbol-Sala | 600,00 |
| Asociación Cultural de Andrade (Vilalba) | 600,00 |
| Club Shiian de Kárate | 1.371,75 |
| Club amigos de Tirimol | 600,00 |
| S.D.C.R. Palestina (Burela) | 600,00 |
| Club Natación Monforte | 3.375,00 |
| Taboada, C.F. | 2.800,00 |
| C.B. Enganchate ó Basket | 700,00 |
| (18) TOTAL …………………… | 25.651,64 |























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



