LUGO .- A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes no Pazo de San Marcos, a dous grupos, un da Asociación de Mulleres Autónomas da Provincia de Lugo e outro da Asociación Cultural “O Castelo de Alfoz, dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove a Deputación.
No primeiro caso, os participantes elexiron a ruta dos viñedos, que incluíu visitas ó pobo e o encoro de Belesar, degustación de viño nunha adega e unha ruta de sendeirismo ata a igrexa de Pesqueiras.
Polo que se refeire ós membros da Asociación O Castelo, de idades comprendidas entre os 10 e os 80 anos, fixeron unha viaxe en catamarán por Amandi e camiñaron ata Pena do Castelo.
A Mariña será a protagonista de mañá. Un grupo da Asociación de Viuvas Julia Minguillón de Lugo coñecerán o Centro de Cultivos de Ribadeo, o Convento de Santa Clara e realizarán unha travesía marítima pola ría. Por outra banda, veciños da parroquia de Galegos, do Concello de Láncara, viaxarán ata Sargadelos, en Cervo, onde visitarán a fábrica de cerámica e faran un percorrido polo Paseo dos Namorados.
Por último, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira, do Concello de Guntín, optaron polos Canóns do Sil onde, ademais da viaxe en catamarán, visitarán os Muíños de Xábrega. Ese mesmo día, o xoves, un grupo da Asociación Prestancia de Lugo coñecerán o casco histórico de Ribadeo e farán un percorrido a pé desde Illa Pancha ata o Castelo de San Damián.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



