Nota de Prensa
O debate área sanitaria/unidades de xestión son a coartada para dotarnos dunha sanidade de segunda
O BNG considera que o PP sigue adiante na súa intención de desmantelar a sanidade na Mariña
As declaracións que ven realizando nos últimos días o Sr.Balseiro, tras un alongado silencio impropio de alguén que padece incotinencia verbal, respecto ao mantemento da área sanitaria da Mariña non responden a outra motivación que tentar confundir a opinión pública sobre as verdadeiras intencións do PP sobre este tema e a dar respaldo a proposta da Consellaría de Sanidade de desmantelar pola vía dos feitos o Hospital da Costa.
Non imos consentir desde o BNG que Balseiro falte ao respecto a boa parte da poboación da Mariña preocupada, como non pode ser doutro xeito, polas propostas do PP neste materia, a quen acusa de deixarse manipular como se os cidadáns da Mariña fosemos parvos. Na mesma dirección entendemos que non cabe no debate sobre unha cuestión de tanta trascendencia, insultos a totalidade das organizacións sindicais da sanidade ou a algunhas forzas políticas e moito menos aos medios de comunicación a quen acusa de manipular ou falsear a realidade.
Acaso non son certas as declaracións da Conselleira de Sanidade en Burela e da xerente do Sergas, coincidindo co nomeamento do xerente do Hospital de Burela, onde anuncian unha área sanitaria única para Lugo?. É mentira tamén que o Grupo Parlamentario do PP presentou e aprobou co seu voto o 5 de Setembro unha proposición non de lei onde instaba a Xunta a creación das áreas únicas de xestión?. Faltamos a verdade cando afirmamos que vostede mesmo en declaracións aos medios recoñeceu a centralización en Lugo de certos servizos vinculados a xestión do Hospital de Burela?. Confunde a opinión publica a Xunta de Persoal do Hospital cando confirma que a proposta do PP significa o recorte de servizos no mesmo?
O Bloque Nacionalista Galego ao igual que o conxunto da comunidade sanitaria e da grande maioría da poboación da Mariña considera que o central é que esta Comarca manteña todas as competencias en materia sanitaria. Non nos vale que mantendo a denominación actual de areas sanitarias ou áreas de saúde, tal como define as mesmas a Lei 8/2008, a través da creación das áreas únicas de xestión se proceda a baleirar de competencias á area da costa ou que o Hospital de Burela se converta nun hospital de segunda algo que o subconsciente de Balseiro o recoñece, cando xa se refire a el como hospital comarcal.
Neste sentido a intención do PP evidenciouse onte na votación da deputación cando esta forza política se negou a apoiar unha moción do BNG no que se solicitaba o mantemento de todas as competencias para as áreas da Mariña e Lemos. A folla de rota do PP non deixa lugar a dúbidas, o que primeiro intentaron a cara descuberta, preténdeno facer agora con nocturnidade polo medio dunha figura utilizada de xeito experimental en Ferrol, por certo con escaso éxito, e que vai ser un caixón desastre para desmantelar esta área.
O PP o que lle ten que explicar aos veciños da Mariña é que especialidades van deixar de ofertarse en Burela, o PP ten que explicarlles aos traballadores da sanidade por que van ter que desprazarse por toda a provincia, o PP ten que explicarlle a un facultativo de Burela por que terá que desprazarse ao Hospital de Lugo cando neste non haxa profesional que cubra a súa especialidade, o PP ten que explicarlle aos xefes de servicio do Hospital de Burela cal van ser as súas competencias en relación cos seus homólogos de Lugo, o PP ten que aclararlle a poboación da Mariña cantos postos de traballo se van perder na sanidade na Comarca.
Isto é o que ten que aclarar o PP e non learnos en debate nominalistas. Isto é o que ten que explicar Balseiro, na contra de insultar e crear aínda máis confusión. O BNG sería o primeiro interesado en equivocarse, agardemos que o PP nos demostre a súa vontade, votando no Parlamento polo mantemento das competencias da área.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



