Nota de Prensa
O Concello de Cervo novamente noticia pola mala praxis do Alcalde
O dirixente Popular non e consciente do que e gobernar un Concello
O feito que ven de denunciar a Unión de Gardas Civís de Galicia ante a Subdelegación do Goberno pon de manifesto a necesidade da creación de un plan de emerxencias para eventos multitudinarios como solicitou este Grupo Municipal Socialista no último pleno municipal.
A petición do plan de emerxencia que se lle pediu ao concello debido as situacións caóticas que se produciron na festa da Maruxaina precisamente pola falta de previsións e deixadez de funcións que se puxeron de manifesto.
Situacións que desgraciadamente se están a converter en algo habitual no noso Concello simplemente pola vagancia que caracteriza ao noso Alcalde o Sr.Villares, e o peor de todo que en vez de recoñecer os seus erros e tratar de emendalos intenta sempre de votarlle a culpa aos mais coma se dun neno de 5 anos se tratase.
Dende o Grupo Municipal Socialista pedímoslle ao Alcalde que despois de mais de dous anos de abandono total do Concello en todas as súas funcións de unha vez por todas se poña a traballar para darlle os servizos aos veciños do Cervo que para iso foi elixido.
Dende o PSdeG-PSOE tamén lamentamos as declaración feitas pola Alcaldesa en funcións a Sra. Pilar Armada xa que esta corrobora que durante a noite da Maruxaina non había dispositivos de seguridade a disposición dos veciños e visitantes a este evento.
Pon de manifesto o descoñecemento que teñen no Concello sobre as competencias propias do Consistorio sobre seguridade vial nos cascos urbanos en aqueles Concellos que teñen servizo de Policía Local, e o único que lles preocupa e que “se lles poña de exemplo” en vez de facer as súas tarefas, LAMENTABLE.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



