LUGO .- O Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro, asinou este luns en Santiago o protocolo de colaboración para o desenvolvemento da e-Administración en Galicia xunto cos Presidentes das Deputacións da Coruña, Salvador Fernández Moreda, Ourense, José Luis Baltar e Pontevedra, Rafael Louzán; da FEGAMP, Carlos Fernández e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
O protocolo compromete ós asinantes a intercambiar información precisa no que atinxe á administración electrónica no ámbito económico, e a establecer unha colaboración permanente para coordinar actuacións e aforrar recursos. O máximo responsable da institución luguesa incidiu en que “deste protocolo teñen que saír resultados palpalbes” e ofreceu a súa colaboración leal e construtiva.
Gómez Besteiro apuntou que “os veciños do rural xa non piden estradas senón cobertura de móbil, de Internet e da TDT”. Esta situación aínda é máis preocupante no interior de Galicia, onde afecta especialmente a dispersión, unha orografía que dificulta as comunicacións e unha poboación avellentada.
O Presidente provincial destacou, ademais, un dato eco-tecnolóxico: “na provincia de Lugo menos do 40% das 22.000 empresas que non superan os 100 asalariados ten acceso a Internet, fronte á media nacional que se sitúa no 92,34%”.
A e-Administración en Lugo co Innova-TE
“Á marxe deste convenio de colaboración, a Deputación de Lugo está xa inmersa na implantación da e-Administración e na creación de emprego a través das novas tecnoloxías cun ambicioso programa que conta co aval e respaldo da Unión Europea e que conseguimos grazas ó Goberno de España. Trátase do Innova-TE, un dos nosos retos, que vén acompañado de 9 millóns de euros -é dicir, preto de 1.500 millóns das antigas pesetas- e que beneficiará a 261.323 habitantes”.
Segundo subliñou, “o Innova-TE non só será clave para a provincia Lugo; poñémolo á disposición das outras Deputacións e da Xunta de Galicia”. Este programa naceu coa finalidade de crear emprego e garantir a implantación das novas tecnoloxías tanto nos Concellos como na propia Deputación. Contempla a implantación da Administración Electrónica tanto no organismo provincial como nas Entidades Locais, de equipamentos informáticos en toda a provincia, conectividade inalámbrica nas dependencias municipais, sinatura electrónica nos Concellos, realización de pagos e transacións e consultas persoais a través da rede etc.
Situación na provincia de Lugo
Na provincia de LUGO, o 25,9% dos Concellos que dispoñen de páxina web oficial, o dominio non pertence a eles, senón a particulares. Asimesmo, o 92,2% das webs municipais incumpren a lexislación sobre protección de datos respecto á solicitude de información de carácter persoal e só o 6,5% dispoñen de sistemas de participación cidadá: envío de consultas, queixas, suxerencias, etc.




















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



