NOTA DE PRENSA
O PP entende que a proposta dos nacionalistas é “pouco ambiciosa, insuficiente e raquítica” como mostra evidente de que o BNG nunca soubo defender os intereses da nosa comarca
OS POPULARES IMPULSAN UNHA EMENDA DE SUBSTITUCIÓN Á MOCIÓN MUNICIPAL DO BNG PARA ASÍ PODER RECLAMAR UNHA AMPLIACIÓN DO CATÁLOGO DE SERVIZOS E ESPECIALIDADES MÉDICAS QUE SE OFRECEN NO HOSPITAL DA COSTA
* Ademais do mantemento da actual sanitaria os populares queren que se integren nela os distintos centros de saúde de atención primaria, para ofrecen un mellor servizo aos veciños da comarca.
A Mariña, 28 de setembro de 2009.- Os grupos municipais do Partido Popular nos distintos concellos da Mariña lucense impulsarán unha iniciativa a través da que, ademais de avogar polo mantemento da área sanitaria da Mariña lucense, reclaman unha ampliación do catálogo de servizos e especialidades médicas que se ofrecen na actualidade no Hospital da Costa.
Os populares tamén pedirán que os distintos concellos da Mariña apoien a total integración dos centros de saúde de atención primaria –isto é as consultas dos médicos de cabeceira e enfermería- dentro da área sanitaria comarcal de tal xeito que se poida mellorar un servizo amplamente deteriorado nos últimos anos de xestión do bipartito. Co PSOE e BNG chegouse incluso a trasladar ata os centros de saúde, a problemática das listas de espera, ata entón exclusiva da sanidade hospitalaria.
EMENDA DE SUBSTITUCIÓN
O PP comarcal articulará esta petición a través dunha emenda de substitución á moción municipal tipo que o BNG rexistrou para o seu debate nos concellos. Ao entender dos populares o acordo proposto polos nacionalistas é pouco ambicioso, insuficiente e raquítico, como mostra de que nunca souberon defender os intereses da nosa comarca.
MÁIS E MELLORES SERVIZOS PARA O HOSPITAL
Desde a formación política popular insisten en que o PP queren autonomía e máis e mellores servizos para o Hospital da Costa, de tal xeito que poidan atenderse no centro sito en Burela ao maior número posible de xente e a maior parte das patoloxías médicas e probas diagnósticas.
ROTUNDIDADE PARA POÑER FIN Á CONFUSIÓN
Esta é unha nova iniciativa coa que os populares pretenden combater e poñer fin á estratexia de confusión e manipulación da realidade que levan a cabo os antigos socios do malogrado bipartito. Desde o PP queren deixar claro cal é a postura que eles defenden coincidente en todo momento coa postura da propia Xunta porque, non o debemos esquecer, está rexida por un Executivo popular e, polo tanto, na súa acción de Goberno fará realidade aquelo que prometeu o PP e que segue a ratificar a día de hoxe.
Malia que teñamos que repetilo mil veces –indican os populares no seu comunicado- temos que seguir insistindo en que tanto Sanidade como nós apostamos pola mellora do sistema público de saúde na nosa comarca, pola autonomía e por dotar de maior importancia cada día ao Hospital algo que non se fixo nos pasados anos”. De feito desde o PP se insiste “non hai espazo para a confusión, a área sanitaria da Mariña lucense non se perderá”

















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



