NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA Á XUNTA DE GALIZA A MANTER AS ÁREAS SANITARIAS ACTUAIS DA MARIÑA E MONFORTE DE LEMOS
Fernando Blanco, deputado do BNG no Parlamento Galego, anunciou que o BNG defenderá unha proposición non de lei no pleno do Parlamento para se manteña o mapa sanitario de Galiza no que atinxe á área sanitaria da Mariña e sur de Lugo
Lugo, 28 de setembro de 2009. Esta mañá o deputado do BNG no Parlamento Galego, Fernando Blanco, ofreceu unha rolda de prensa conxunta con representantes das comarcas da Mariña e Sur de Lugo do BNG, Antonio Veiga, responsábel comarcal do BNG da Mariña e Xosé Antón Ledo Pan, responsábel de organización do BNG da comarca Lugo-Sur. Na rolda de prensa, o deputado do BNG, Fernando Blanco, defendeu a postura firme do BNG en contra das intencións da conselleira de Sanidade que no mes de xullo anunciou a creación dunha área sanitaria única en Lugo. Segundo expuxo o parlamentario nacionalista, a creación dunha área sanitaria única para a provincia de Lugo suporía a supresión da área norte de saúde, que abarca A Mariña, así como a área sanitaria do sur, á que corresponde o hospital de Monforte, centralizando toda a xestión hospitalaria en Lugo. Fernando Blanco argumentou con cifras o que suporía esta reestruturación, xa que o Hospital da Costa ten asignadas 72.025 persoas, distribuídas en 14 Concellos, e o Hospital Comarcal de Monforte conta con 49.204 usuarios distribuidos en 11 concellos, polo que estes usuarios pasarían a ter como primeiro hospital de referencia o Hospital de Lugo, a uns 100 Km do Burela e uns noventa minutos de desprazamento en coche, dándose unha situación semellante para os usuarios da comarca de Lemos.
Esta situación de desprazamento da xestión cara Lugo traería unhas consecuencias moi graves para os usuarios e usuarias da sanidade pública, xa que produto da distancia da Mariña e de Monforte coa capital da provincia crearíase unha dificultade para o acceso á mesma e descoñecemento de moitos problemas e eivas cotiás que xurdisen nos centros das actuais áreas de Monforte e da Costa. Tal como sinalou Fernando Blanco, “unha xerencia única coa súa ubicación en Lugo e diante da escaseza de certos profesionais de algunhas especialidades médicas, implicaría desprazamentos constantes da poboación actual destas áreas sanitarias á cidade”. Tendo en conta a distancia xa sinalada, a situación das comunicacións, o tempo de viaxe e ausencia dun transporte público axeitado, eses desprazamentos implicarían unha grande perda da calidade de vida para a poboación afectada alén de teren que asumir os gastos de desprazamento e, no seu caso, de hospedaxe os propios usuarios o que supón unha discriminación con respecto a poboación doutras zonas.
Ademais de para os usuarios e usuarias dos servizos sanitarios, A supresión destas áreas sanitarias implicaría para os/as profesionais médicos da saúde ter que optar a traballar en toda a provincia. Para o persoal eventual, ter que inscribirse nas listas de contratacións provinciais e ter que aceptar contratos a máis de cen quilómetros do seu domicilio, baixo a ameaza de penalización.
Por todos estes motivos, Fernando Blanco argumentou que se debaterá no Parlamento Galego unha proposta non de lei presentada polo BNG na que se instará á Xunta de Galiza, nomeadamente á Consellería de Sanidade, a manter o mapa sanitario galego como na actualidade para garantir unha asistencia sanitaria eficiente, que dea conta dos problemas de cada zona das comarcas lucenses e que non obrigue á poboación a desprazamentos innecesarios.
Pola súa banda, Antonio Veiga, responsábel comarcal do BNG na Mariña, expuxo que no mesmo camiño tamén mañá martes na Deputación de Lugo vaise levar a pleno un acordo do Goberno da Deputación que vai no mesmo camiño de instar á Xunta de Galiza a que manteña o mapa sanitario actual no que atinxe ás áreas sanitarias de Monforte e A Mariña con todas as competencias e servizos que teñen na actualidade.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



