RIBADEO .- A asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta, o venres en Ribadeo, o obradoiro de fotografía dixital “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”. A actividade desenvolverase nos concellos de Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto a partir de outubro, e o prazo de inscrición está aberto até o día 30. “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, según indica a organización ” ten como obxectivo acadar o empoderamento das mulleres a través da fotografía”. Esta actividade xa se realizara de forma experimental no Concello de Ribadeo en 2007.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade leva “Olladas de mulleres” a Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto

O Observatorio da Mariña pola Igualdade leva “Olladas de mulleres” a Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto
Relacionado
-
A UNED de Viveiro celebra o seu 20 aniversario cun ciclo de conferencias sobre sustentabilidade, historia e desenvolvemento local
-
O Concello de Cervo insta á Deputación á finalización do enlace viario ao Polígono de Cuíña paralizado desde o 2007
-
O BNG asegura que a situación do lixo e da limpeza en Ribadeo “vai de mal en peor”