Nota de Prensa
As erradas políticas dos socialistas prexudican dun xeito evidente á nosa comarca segundo a valoración dos populares mariñáns
A SUBA DE IMPOSTOS E O MINÚSCULO INVESTIMENTO PREVISTO NOS ORZAMENTOS XERAIS DO ESTADO ATRASARÁN A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DA MARIÑA
* O PP espera que esta vez os nacionalistas non se preguen aos intereses de Zapatero e neguen o seu apoio a uns orzamentos xerais que o BNG votou favorablemente nos pasados anos.
A Mariña, 30 de setembro de 2009.- A suba de impostos e o minúsculo investimento previsto nos Orzamentos Xerais do Estado, decisións ambas do Executivo socialista da Zapatero, non contribuirán á superación da actual crise e, pola contra atrasarán a recuperación económica da Mariña. Así o entenden desde o Partido Popular comarcal que subliña o gravemente prexudiciais que están a ser as políticas erradas do Goberno central así como o negativo da súa particular incidencia na nosa comarca.
Os populares lembraron que cada mariñán como media terá que destinar 600 euros máis da súa xa de por si mermada renda anual para facer fronte a suba de impostos decidida por Zapatero. O devandito cálculo inclúe o incremento do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) –que afecta a todos os veciños con independencia do nivel de ingresos- , a desaparición da deducción dos 400 euros no IRPF e o incremento dos impostos de gasolina, do alcohol e do tabaco, así como a nova imposición sobre os aforros, plans de pensións e depósitos bancarios.
A isto, xa de por si desfavorable, hai que engadir que “un ano máis o Goberno socialista esquece á Mariña”, limitando as súas achegas a proxectos contemplados no ano anterior e non executados. Así por exemplo as contas estatais elaboradas polo Executivo de Zapatero tan só achegan 10.000 euros para o corredor, “todo iso a pesar de que prometeron facer unha autovía cuxa posta marcha nun prazo razoable de tempo cada vez ten menos visos de credibilidade” explican os populares.
O PP adianta que xa están a traballar nas emendas a estes orzamentos estatais co obxecto de corrixir esta situación. Tamén esperan que esta vez os nacionalistas non se preguen aos intereses de Zapatero e neguen o seu apoio a unhas contas que o BNG votou favorablemente nos pasados anos. “Unha e outra vez os nacionalistas foron socios de Zapatero no seu esquecemento á Mariña. Esperemos que agora esto cambie. E poidamos facer a forza e a presión necesaria para corrixir uns orzamentos que van na dirección contraria ao que a nosa comarca precisa”.

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



