NOTA DE PRENSA
Novamente a Xustiza lle da un revés ao Concello de Cervo
Sentencia tras Sentencia o Concello de Cervo perde credibilidade
O Grupo Municipal Socialista a vista da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza no que desestima un recurso presentado polo Concello contra a anulación da desafectación quere manifestar que se pon novamente de manifesto a persecución que se lle esta a facer a comunidade educativa do Rivera Casas e os intereses urbanísticos que lle movía ao Partido Popular.
O Concello de Cervo xa nos ten acostumados a todos os Cervenses como sentencia tras sentencia, que pagamos todos os veciños con fondos das arcas municipais, lle quitan a razón nos preitos nos que se mete simplemente porque non lle saen as cousas como eles queren.
Ponse de manifesto que os intereses do equipo de Goberno non e buscar o mellor para a comunidade educativa da vila de San Ciprian tendo en conta criterios de ubicación e seguridade para os nenos e nenas do pobo senón que lle prima mais os intereses urbanísticos.
Dende o Grupo Municipal Socialista tamén votamos de menos ao Sr. Balseiro en temas de interese para o Concello como o trazado da autovía San Cibrao-Barreiros, as obras que se ían a financiar con cargo a plan Zapatero, con respecto ao ERE de Sargadelos, os permisos pertinentes que o Concello tiña que haber solicitado para empezar as obras da EDAR de San Cibrao, o estado de abandono que esta a sufrir o Concello en xeral etc, etc, etc…. e nos preguntamos se é que realmente non se preocupa e ocupa da situación do Concello e so lle interesa a especulación urbanística.
Porque tampouco podemos esquecer que cando se quixo facer o Instituto na zona de Galdín o Sr. Balseiro foi un dos que mais loitou para que non se fixera nesa zona alegando os problemas de seguridade que presentaba para os nenos de 14 anos, e é el o que agora pide que vaian os nenos de 3 anos obviando os argumento que defendía con anterioridade.
Tampouco se lle esquece aos veciños de San Ciprian como o Sr. Balseiro foi casa por casa pedindo unha axuda económica na que contribuíu todo o Pobo para facer o Instituto no lugar no que se ubica na actualidade, dicindo que baixo ningún concepto irían os nenos para Galdín.
Ao Sr. Balserio lle preocupa mais os seus propios intereses que os intereses dos veciños de Cervo.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



