BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo esta mañá un encontro cunha representación de veciños da zona de O Campón que “viñeron amosarme a súa preocupación polo estado das rampas de acceso á avenida de Arcadio Pardiñas que hai nesa zona, son rampas de uso público que se atopan debaixo dun inmoble, polo que están nunha propiedade privada”. Llano conta que “se trata dunha vella demanda dos veciños desde hai moitos anos e eu quedei en estudialo e en tentar executar esa obra”.
Veciños do barrio de O Campón de Burela transmitíronlle ao alcalde problemas viarios
Veciños do barrio de O Campón de Burela transmitíronlle ao alcalde problemas viarios
Relacionado
-
A Escola de Música Municipal de Ortigueira pon en marcha a súa oferta de 10 obradoiros para o curso 2025/2026, cun total de 150 prazas dispoñibles
-
Lara Méndez: “O que tocaba hoxe era estar en Barreiros para apoiar aos veciños e veciñas e o traballo dos brigadistas”
-
Preto de 60 inscritos no III Día da Bicicleta do Valadouro, celebrado o pasado sábado