BURELA .- O director da Burela Blues Band (BBB), Israel Arranz Carreño, disipa as dubidas expostas polo grupo municipal do PP de Burela sobre a actuación da banda en Lourenzá, coincidindo coa Festa da Faba. Arranz Careño explica que o contrato para a citada actuacións e formalizouse o 30 de xullo e que o 26 de setembro, ó estar pechada a Escola de Musica, alumnos e pais de alumnos menores de idade, tomaron a decisión.
Este colectivo manifesta a “nosa unánime decepción e indignación” polo manifestado polo PP e aseguran que non comprenden “como o grupo municipal do PP, que me merece todos os respectos, e que axudou a que esta agrupación vira a luz, pode caer na trampa de dar por certo as falsidades que alguén, de xeito moi mal intencionado e sen ter nin idea do funcionamento da BBB, lles filtrou”. Finalmente propóñenlle ao PP “que en lugar de escoitar informacións falsas sobre a nosa agrupación, viñesen a algún dos nosos concertos, pois a música sempre senta ben ao espírito”.
Nota de Prensa
A BURELA BLUES BAND EN LOURENZÁ
Burela, a 10 de Outubro de 2009
Son Israel Arranz Carreño, o director e fundador da Burela Blues Band, e quero saír ao paso das mentiras vertidas polo GMPP no artigo titulado “O PP ve “anormal” a actuación da Burela Blues Band en Lourenzá na Festa da Faba”
En primeiro lugar, a actuación en Lourenzá foi asinada por min, como máximo representante da agrupación, o día 30 de xullo de 2009 (Teño a folla do contrato para que os membros do GMPP de Burela que o crean oportuno podan consultar). Como poden entender, o día 30 de xullo non podía saber se o día 1 de outubro a Escola ía estar pechada, así que a día 26 de setembro, convoquei ós alumnos da Burela Blues Band e ós pais (dos que son menores de idade), onde decidimos:
1.Que os alumnos irían e voltarían cos seus pais nos seus coches particulares, facéndose deste xeito responsables deles.
2. Que cada un levase o seu propio instrumento e no meu coche particular e no de un dos pais levaríamos o meu material da miña propiedade, do que, por certo, se leva beneficiando a Escola de Música dende que eu traballo, no curso 2004-2005 (batería, piano, teclado sintetizador, vibráfono, malletKAT, amplificadores, baixo eléctrico, cables, soportes, güiras, shaker, etc), xa que se non, non podería haber grupo de jazz.
3. Que os compoñentes tiñamos a comida pagada e que os pais pagarían a súa.
4. Que cos cartos recibidos mercaríase un equipo de megafonía para uso e disfrute de toda a ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BURELA.
Estas catro decisións, o GMPP pode verificalas, simplemente falando cos pais dos alumnos da BBB. Por tanto, non podemos entender as afirmacións vertidas no citado artigo.
Consideramos moi importante aclarar estas cuestións, dada a grande preocupación que amosou o PP de Burela sobre quen se tiña responsabilizado dos nenos na viaxe a Lourenzá e sobre a anomalía desta actuación, dado que a Escola de Música estaba pechada. Entenderán que o feito de que este concerto se levase a cabo, foi iniciativa de todos os pais e nais, e consensuada previamente comigo, como responsable da agrupación, polo que non se deben buscar responsabilidades políticas nunha actividade que foi iniciativa dun grupo de persoas con liberdade para decidir o que facer no seu tempo libre e cos seus propios instrumentos musicais. Tampouco entendo como chegan a afirmar que se utilizou material da Escola, cando isto é completamente falso, posto que todo o instrumental é propiedade dos rapaces e miña, dándose precisamente o caso contrario, que a Escola de Música ven utilizando material profesional de gama alta que eu cedo voluntariamente para que as actividades musicais se podan desenvolver nas mellores circunstancias posibles.
Estas declaracións que fai o PP de Burela provocaron unha nova xuntanza…
Como resultado de dita reunión, quero trasladar no nome de todos os pais e integrantes maiores de idade, e no meu propio, a nosa unánime decepción e indignación polo citado en dito artigo. Síntome totalmente respaldado por eles e non teño nada que ocultar, infórmense minimamente antes de falar dunha agrupación disciplinada e seria na programación, traballo, organización e interpretación que depende do material do seu profesor. Os alumnos, que cada vez son máis, están moi motivados e para min iso é a máxima satisfacción.
Por último non chego a comprender como o GMPP, que me merece todos os respectos, e que axudou a que esta agrupación vira a luz, pode caer na trampa de dar por certo as falsidades que alguén, de xeito moi mal intencionado e sen ter nin idea do funcionamento da BBB, lles filtrou. Resulta curioso que o PP coñeza ata as persoas que participan nesta formación. Recomendaríalles que en lugar de escoitar informacións falsas sobre a nosa agrupación, viñesen a algún dos nosos concertos, pois a música sempre senta ben ao espírito.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



