Anda o patio revolto co tema da suba de impostos. Uns que non, outros que si, que é necesario se queremos manter o gasto social. En fin ninguén quere, en principio, que lle toquen os seus ingresos nin que o fagan pagar máis polo mesmo. É igual que ese incremento se destine a paliar necesidades sociais por que ata que a un non lle toca…
En fin que estiven a ler estas últimas semanas opinións tanto a favor coma en contra e ao meu o único que me queda claro é que terei que pagar máis por certos bens e servizos. Pero todo e con iso estou plenamente de acordo coa suba proposta polo goberno por unha sinxela razón. Por que ese diñeiro ten que ir destinado a proporcionar axuda aos que a están a necesitar. Por que ese diñeiro ten que ir destinado a non deixar sen fondos un estado que mellorou moito en beneficios sociais a todos os seus cidadáns aínda que algúns non queiran velo.
E non todo é tan malo como o pintan. Non todos os políticos son corruptos. Nin todos os que aquí vivimos somos uns insolidarios que se poden escaquear se de pagar un euro fano.
Eu durante anos non tiven que facer declaración de renda por que sinxelamente os meus ingresos estaban por debaixo do mínimo. Durante anos vivín cun salario baixisimo. E hei de recoñecer que dende logo, a miña familia non podía darse grandes caprichos pero que tiven sanidade e puiden acceder ao sistema educativo.
E agora que profesionalmente me vai ben non me importa poder achegar un pouco máis, non me importa ter que facer un pouco de esforzo extra. O que si que pido é que o uso dese esforzo que se nos pide sexa razoado, consecuente e sen ningún tipo de dilapidación. O que se que pido é que se axude realmente a xente que o necesita. O que se que pido é que unha vez pase esta crise que temos enriba se nos recoñeza o esforzo.
Fálase moito de ética e solidariedade e ética e solidariedade é evitar que algunhas persoas teñan axuda se son dependentes, que teñan fármacos se están enfermos ou que teñan unha axuda económica se non teñen salario.
A o fin e a o cabo os impostos son unha cuestión de ética.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



