Nota de Prensa
Ausencia de compromiso con Xove nos Orzamentos do 2010
O responsábel local do BNG de Xove, Marco López, manifestou que o bloque xovense segue a agardar polo plan de choque anunciado polo PP na campaña electoral para combater os problemas laborais e de desemprego: “Agardamos solucións e non propaganda dun goberno galego sen capacidade ningunha para dar solucións aos problemas reais da nosa sociedade”.
Marco López sinalou que da proposta de investimentos no Concello de Xove que a fronte nacionalista local remitiu á Xunta “non se vai acometer nin a primeira” e manifestou que “desde o PP encetaron unha campaña de engano masivo inchando uns números que non son os que se reflicten no papel”.
Neste sentido lembrou o potencial económico de Xove “que se por algo se caracterizou historicamente é por ser unha vila mariñeira e industrial” pola presenza de importantes enclaves industriais como o de Alcoa e por unha actividade baseada en sectores como a pesca, a explotación forestal, mantenza, comercio téxtil, madeira, transportes e outros servizos básicos cuxo desenvolvemento futuro está moi condicionado á mellora das infraestruturas viarias. A parálise endémica na execución de infraestruturas públicas ten efectos demoledores na reactivación da economía e a creación de emprego. O responsábel local do BNG incidiu en que “nós aquí témolo peado para podermos vivir do turismo”.
A proposta de investimentos da Xunta de Galiza no concello elevada polo BNG de Xove é, entre outras, a que segue:
–Reforzamento da liña electrica de Penasagudas, parroquia de Monte.
–Ampliación do Polígono Industrial de Camba.
–Apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico portuario.
–Cinturón Industrial nas inmediacións de Alcoa.
–Construción do dique de abrigo e dos pantaláns en Morás.
–Reforma da rampa e instalación un aparello motorizado para facilitar a tarefa de sobordar as embarcacións de tonelaxe medio en Morás e Portocelo.
–Construción de 60 novas vivendas sociais ou compra para VPA en Palmeiro.
–Construción de depuradoras axeitadas (Caínzos, Sumoas) e saneamento integral do concello.
–Ampliación e mellora da estrada P-26-05
–Restauración da Rota dos Muíños da Rigueira.
–Construción dunha área recreativa no monte Pedralva.
–Reconstrución das ruínas de San Tirso en Portocelo.
Marco López, esixiu ao Partido Popular o cumprimento dos compromisos adquiridos durante a campaña electoral cos veciños de Xove e esixiu a recuperación do proxecto para creación do cinto industrial de Alcoa a que se comprometera o PP antes das eleccións: “Non pode ser que o que antes era a solución para afrontar a crise de emprego na Mariña, e nomeadamente en Xove, agora sexa a propia crise a que o desbote”. Marco López, demandou do goberno municipal de Xove a esixencia diante da Xunta de Galiza do cumprimento do acordo plenario no que se demandaba esta infraestrutura hai escasos meses e que o BNG apoiou conscientemente e sen condicións no pleno da Cámara Municipal. Tamén incidiu en que “os recortes no investimento público frean a capacidade do desenvolvemento económico e por tanto afondan na destrución de postos de traballo en Xove e, en xeral, en toda a Mariña”.
Do mesmo xeito, criticou que, para colmo de males, “este goberniño está a desmantelar dous servizos básicos en materia sanitaria para a nosa vila como é o Hospital da Costa, ao non consignar as partidas necesarias para levar adiante proxectos que xa estaban elaborados polo anterior goberno, e mais os Servizos Sociais, coa ausencia de consignación nos presupostos das actividades do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”.
















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



