RIBADEO (FNC) .- A xunta de portavoces do concello de Ribadeo ven de facer unha declaración institucional pola morte do ilustre ribadense Daniel Cortezón Álvarez, agradecendo a súa dedicación a Ribadeo e o legado da súa obra literaria.
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO EXCMO. CONCELLO DE RIBADEO CO GALLO DO PASAMENTO DE D. DANIEL CORTEZON ALVAREZ
A Xunta de portavoces deste Concello, con motivo do falecemento na pasada noite deste ilustre ribadense, desexa expresar un recoñecemento expreso á memoria de Daniel, á súa prolífica obra así como testumuñar as condolencias á súa familia.
Daniel Cortezón naceu na nosa vila en 1927. A súa foi unha infancia marcada polos sucesivos traslados de seu pai, que pertencía ao corpo de carabineiros, e tamén, coma tantos coetáneos, pola Guerra Civil que obrigou a familia a fuxir a Francia.
Á volta, con 12 anos, comeza de aprendiz nunha botica. Este é un traballo que desenvolve até 1963, un tempo de estancia continuada en Ribadeo que podemos ver reflectida nas súas palabras a respecto da súa condición de lector e escritor: “Eu son absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.
Foi traballar logo a León e Madrid, chegando a ser redactor xefe da revista Auxiliares de Farmacia. Na capital española estivo en contacto coa maior parte dos intelectuais galegos que entón residían alí e participou nas célebres xuntanzas do Café Gijón. Volveu a Galiza, residiu en Vigo e xa nos últimos anos pasaba cada vez máis tempo con nós.
Todas as reseñas críticas da súa obra poden resumirse no seguinte: “a Historia como fonte de símbolos colectivos. Cortezón reivindica o que isto pode ter de concentración espiritual positiva, de pulo dionisíaco e de rebeldía.” E isto é unha liña latexante en toda a súa obra. Nace na súa primeira novela, As covas do rei Cintolo, e segue con Prisciliano, Castelao ou a paixón de Galiza ou Xelmirez ou a gloria de Compostela que Roberto Vidal Bolaño escenificou co Centro Dramático Galego en 1999. Foi tamén Premio Nacional de Teatro.
Xa no plano local, cabe destacar a colaboración coa actividade cultural da nosa vila como é o feito de que fose socio de honra da Coral Polifónica desde o ano 2001 ou que a mostra anual de Teatro Afeccionado leve o seu nome. No ano 2002, como mostra de cariño e recoñecemento, a Corporación Municipal acordou darlle a unha rúa o seu nome.
En definitiva, un autodidacta que escribiu ensaio, narrativa, teatro, artigos xornalísticos… un grande escritor insuficientemente estudado aínda.
Mais para nós é tamén un veciño xeneroso no que este Concello e, nomeadamente, a Concellaría de Cultura e a Biblioteca Municipal, tiveron sempre a un colaborador entusiasta.
Esta Corporación Municipal, en nome de todos os veciños e veciñas de Ribadeo, quere facer público o recoñecemento ao seu legado literario, o pesar pola desaparición dun ribadense bó e xeneroso, así como trasladarlle o afecto á súa familia nestes tristes momentos.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



