VIVEIRO .- A asociación xuvenil e cultural Colectivo Chilindrín de Celeiro, coa colaboración da S.C.D.R. Palestina de Burela, presentou o programa para a reunión de asociación da Mariña co obxectivo de compartir experiencias, participar do deporte e promover os xogos populares.
NOTA DE PRENSA
FUNDAMENTO E ANTECEDENTES
O Colectivo Chilindrín, é unha asociación xuvenil e cultural de Celeiro(Viveiro), que ten por
obxeto principal a dinamización social e cultural da mocidade e xentes do pobo mariñeiro de
Celeiro. A nosa actividade caracterízase por buscar a implicación de tódalas veciñas e veciños
así como de todos aqueles colectivos ou asociacións que formen parte do noso entorno social.
Con ese obxetivo, a nosa asociación, participou o pasado ano na I xornada de convivencia
realizada en Burela, baixo a organización da S.C.D.R. Palestina, cun resultado excelente de
participación e organización, e na cal recollimos o compromiso firme de compartir a
organización, entre as dúas asociación, levando a mesma a Viveiro no ano 2009.
Deste xeito, preséntase a II XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE ASOCIACIÓNS, na que
participarán ademais do Colectivo Chilindrín, SCDR Palestina, a asociacións que traballan a prol
das persoas con discapacidade seguintes: FUNDACIÓN DE DISCAPACITADOS DA
MARIÑA(BURELA), a ASOCIACIÓN CAMIÑA(BURELA) e a ASOCIACIÓN ASPANANE(VIVEIRO).
OBXETIVOS
-Gozar conxuntamente cos usuarios das distintas asociacións, antes mencionadas, dunha
xornada de convivencia.
-Achegar o deporte, así como o Colectivo Chilindrín aos usuarios da Asociación Aspanane,
Fundación de Discapacitados da Mariña e Asociación Camiña.
-Achegar os xogos tradicionais a todos os participantes na xornada.
-Potenciar a participación de persoas con discapacidade psíquica en actividades
“normalizadas”
-Manter unha relación de irmandade e amizade coa SCDR Palestina de Burela.
-Dar a coñecer o Colectivo Chilindrín no eido social, a fin de poder colaborar en actividades con
calquera asociación.
DATA E LOCALIZACIÓN
A actividade realizarase en Viveiro, o vindeiro sábado, 31 de Outubro de 2009.
12.00: RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE VIVEIRO
12.30: DISPUTA DUN PARTIDO DE FÚTBOL SALA ENTRE OS SEGUINTES EQUIPOS:
ASPANANE-COLECTIVO CHILINDRÍN VS CAMIÑA-F.D. DA MARIÑA-PALESTINA
13:30: ENTREGA DE TROFEOS
14:30: XANTAR NUN RESTAURANTE DA LOCALIDADE
17:00: XOGOS POPULARES NO PABILLÓN “ANTONIO TARRÍO” DE VIVEIRO.
20:00: FINALIZACIÓN DA XORNADA E REGRESO A CASA
RECURSOS E COLABORACIÓNS
Todos os recursos materiais correrán a cargo do Colectivo Chilindrín, coa colaboración da SCDR
PALESTINA, o Concello de Viveiro, o Concello de Burela, e a área de Deportes da Deputación de
Lugo
O Colectivo Chilindrín conta con persoal voluntario comprometido en todo momento
no acompañamento e dinamización da actividade. Non obstante, tamén contaremos
co apoio de coidadores/educadores da Asociación Aspanane, Fundación de
Discapacitados da Mariña, da Asociación Camiña, así como da SCDR Palestina.
PRESENTACIÓN DA ACTIVIDADE
A presentación da actividade levarase a cabo o vindeiro mércores día 28 de outubro, as 12
horas no local do Colectivo Chilindrín, situado no edificio vello do colexio “Antonio Pedrosa
Latas”, situado no barrio do Chao en Celeiro(Viveiro).
CONTACTO
Para calquera dúbida ou aclaración sobre a actividade, as persoas e dirección de contacto son
as seguintes:
BREIXO BUJÁN(PRESIDENTE DO COLECTIVO CHILINDRÍN) TLFN: 635097039
BERNARDO FRAGA(SECRETARIO DO COLECTIVO CHILINDRÍN) TLFN: 651580053
No enderezo electrónico: colectivochilindrín@gmail.com
+ info en:
www.colectivochilindrin.org



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



