RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, mantivo este mediodía un encontro na Coruña co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Angel González del Río, co que analizou o proxecto de construción do terceiro acceso á variante anulado hai unhas semanas por Fomento. O rexedor propuxo a celebración dun encontro entre Concello e Fomento coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta para que a obra vaia para adiante, aínda que sexa con pequenas modificacións.
Suárez Barcia asegurou que “a reunión foi en tono cordial, valoramos que tentaron darnos todas as explicacións, aínda que moitas delas seguimos sen compartilas. Eles dalgún xeito recoñeceron que si se deberían ter dirixido ao Concello de Ribadeo nunha fase previa para advertir de que había problemas con esta obra”.
O rexedor sinalou que “nós propuxémoslles que isto segue a ser necesario para Ribadeo, e sobre todo á vista de que no día de hoxe recibimos unha carta do xefe de gabinete do ministro de Fomento na que nos indican que segue existindo vontade de darlle unha solución a este acceso da circunvalación, e que teñen intención de manter a consignación presupostaria. Na Demarcación asumen a idea que manifesta Fomento, como non pode ser doutra maneira, pero nós o que lles pedimos é que deben deixar en suspenso este procedemento de desafectación dos terreos que inicialmente se expropiaron en tanto non busquemos unha solución. E aí nós propuxémoslles a posibilidade de ter unha reunión en breve con responsables da Dirección Xeral de Patrimonio para que xunto con Fomento e co Concello retomemos novamente, aínda que sexa con pequenas modificacións, o proxecto orixinal porque entendemos que sería mellor isto que iniciar un expediente novo que levaría varios anos de tramitación, tal e como eles mesmos recoñecen”.
Fernando Suárez engadiu que “quedamos á expectativa de que nos vindeiros días manteñamos un encontro con José Manuel Rey Pichel, o novo director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, para buscar unha saída dialogada a esta situación e para que finalmente os informes de Patrimonio sexan favorables no sentido de poder realizar este proxecto, aínda que sexa con pequenas modificacións”.
Fomento puxo antes o carro que os bois
O rexedor insistiu en que “entendemos que por parte de Fomento púxose antes o carro que os bois, porque se puxeron a expropiar e a adxudicar obras que aínda non tiñan todos os permisos concedidos como así aconteceu. Queremos atopar unha solución canto antes para non ter nunha situación de fonda preocupación a todos os afectados polas expropiacións de todos estes terreos que si nada o remedia desde a propia Demarcación de Estradas do Estado argumentan que os terreos serían desafectados por parte do Ministerio de Fomento e retornarían de novo aos seus propietarios”.
Fernando Suárez acudiu á Coruña acompañado do secretario e do arquitecto municipais.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



