Nota de Prensa
CERVO
A oportunista moción do PP sobre o Museo do Mar demostra o éxito da organización do 40 aniversario
Si esta e a aportación do PP ao Museo do Mar que fiquen tranquilos, o BNG non vai cometer os mesmos erros que cando a eles lles tocou facelo e non cumpriron.
O impulso que lle deu ao museo a xestión nacionalista dende a área de Cultura e Deportes da Deputación e evidente e non ten contestación
Cervo, 13 de outubro de 2009. O anuncio do Partido Popular de Cervo sobre a presentación dunha moción na que piden a ampliación do Museo do Mar San Cibrao xestionado na actualidade pola Área de Cultura e Deportes a cuxo fronte está o nacionalista Antón Veiga, non é mais que unha “pataleta” que demostra o éxito da organización deste 40 aniversario e a dinamización cultural deste museo dende o cambio de goberno na Deputación. Para o BNG de Cervo e necesaria esta ampliación, mais non vai ser o PP quen marque os tempos dun proxecto no que xa se está traballando coa prudencia e seriedade que non tivo este partido cando tivo a oportunidade de facelo.
O PP desde o concello e a deputación anunciaron a ampliación en 2004 e non cumpriron
O Partido Popular na Deputación e concello anunciaron a ampliación do museo en 2004, sen facer ningunha xestión ao respecto, os orzamentos dos anos seguintes ate o 2007 así o demostraron. O BNG entende que tratar de enganar aos veciños non e o camiño axeitado, mais ben débese traballar coa prudencia e seriedade necesarias para chegar ao obxectivo da ampliación no momento en que un investimento desta envergadura conte con tódalas garantías necesarias, algo que os actuais responsábeis da Área de Cultura e Deportes da Deputación, xa están a facer. Non debe ser o PP quen marque os tempos dunha actuación que eles anunciaron e non cumpriron cando tiñan responsabilidades de goberno sobre a rede museística da Deputación.
Os veciños notaron o cambio de xestores do museo e isto moléstalle ao PP
Para o BNG son evidentes os cambios no modelo de xestión que os actuais responsábeis do museo imprimiron a esta dotación cultural, o Museo do Mar pasou de ser un lugar onde se expoñían pezas relacionadas co mundo do mar a ser un lugar que aínda mantendo como principal sinal de identidade a súa raíz popular e mariñeira, abriuse ao mundo do arte cunha programación paralela estábel de altísima calidade que o converte nun dos referentes culturais da comarca da Mariña. Hoxe este museo ten persoal suficiente contratado para atendelo e ademais sigue contando coa inestimábel axuda da xente do pobo que viu nacer e continúa aportando o seu apoio. Os actos da pasada fin de semana coa celebración do 40 aniversario fixeron xustiza con aqueles que puxeron as bases para ter o que hoxe temos, mágoa que o PP non saiba entendelo e pretenda agora sumarse a un carro que non soubo coller a tempo.


















O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



