RIBADEO (FNC) .- A xunta de portavoces acordou destinar o 20% do Fondo Estatal para o emprego e a sostibilidade local en 2010 a gasto corrente, e o resto a investimentos en diferentes obras tanto na vila como nas parroquias de Ribadeo.
Fernando Suárez dixo que “cun ambiente sumamente constructivo levamos adiante esta xunta de portavoces para estudiar o gasto que temos que facer do Fondo Estatal para o emprego e a sostibilidade local para o ano 2010, e desde logo os portavoces estivemos á altura das circunstancias. Acordamos entre todos que o 20%, a contía máxima que o Estado ofrece, se poida destinar a gasto corrente en materia de educación, de atención ás persoas en situación de dependencia e tamén aos derivados das prestacións de servizos sociais, promoción e reinserción social. Ao mesmo tempo acordamos, igual que o ano anterior, tentar dividir a metade desta inversión restante entre a vila e o campo. Despois dunha serie de propostas de todos os grupos, nas que prácticamente uns podemos asumir as dos outros porque todas son necesarias e a pena é que só teñamos os cartos que temos e que non teñemos moito máis para levalas todas elas adiante”.
O alcalde relatou que “todos entendemos prioritarias unha serie de obras e agora serán os técnicos os que as teñan que valorar, dado que quizáis nin todas estas poidan entrar. A idea que temos é facer un saneamento do polígono industrial, é dicir a extensión de dito saneamento ata a conexión co colector que vai á nova depuradora de Vilaselán, que era algo que todavía estaba pendente; vaise intentar colocar un ascensor na Casa Consistorial; e logo tamén no Hospital Asilo imos instalar un grupo electróxeno. Xa nas parroquias haberá unha extensión do saneamento do barrio da Igrexa na parroquia de Piñeira ata o colector principal; colocaranse depuradoras en Porto de Abaixo e máis en Vilela; instalaranse marquesiñas para o transporte nas parroquias e tamén se acondicionarán as áreas recreativas de Vilaosende e Vilaselán. Finalmente na parte urbana da vila de Ribadeo arranxarase a oficina de turismo vella; haberá un proxecto de aforro enerxético do alumeado público das rúas da travesía; faranse uns arranxos no campo de fútbol que contemplan a instalación de paneis solares para auga quente e haberá melloras nos alumeados, nos baños e nos vestiarios e tamén haberá unha serie de arranxos no parque de San Francisco”.
Suárez Barcia entende que “quizáis todo esto sexa demasiado e teñamos que recortar proxectos. Senón fose así, entre os diferentes grupos pactaríamos unha serie de novas obras e actuacións para o noso Concello co cargo a estes fondos estatais que se aplicarán no ano 2010”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



