CERVO .- O Concello de Cervo organiza un obradoiro dirixido ás mulleres para fomentar os hábitos saudables. O taller celebrarase nas Escolas de Rúa a partir das catro da tarde. Nel trataranse temas como a prevención dos trastornos alimentarios, o consumo de dietas saudables e produtos ecolóxicos, os efectos do tabaquismo, ou os beneficios do exercicio físico para gañar en calidade de vida e en saúde.
Nota de Prensa
Os taller vai dirixidos ás mulleres e celebraranse nas escolas de Rúa
CERVO ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA FOMENTAR OS HÁBITOS SAUDABLES
Cervo, 20 de novembro de 2009.- A concellería de Asuntos Sociais do Concello de Cervo organizará o vindeiro día 24 un obradoiro dirixido á poboación feminina baixo o título ““Hábitos de vida saudable”. O taller celebrarase nas Escolas de Rúa a partir das catro da tarde. Nel trataranse temas como a prevención dos trastornos alimentarios, o consumo de dietas saudables e produtos ecolóxicos, os efectos do tabaquismo, ou os beneficios do exercicio físico para gañar en calidade de vida e en saúde.
O obradoiro terán unha duración de catro horas e todas aquelas mulleres interesadas en participar poderán apuntarse ou ampliar información no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San Ciprián. Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración co Servizo Galego de Igualdade e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.
Este é o segundo dos obradoiros organizados pola concellería de Asuntos Sociais de Cervo, tralo celebrado en San Ciprián o pasado 24 de outubro e que tivo como obxecto promover técnicas de aforro na economía doméstica entre as mulleres do municipio que participaron nel.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



