NOTA DE PRENSA:
Os nacionalistas préganse de novo aos intereses do PSOE e renuncian a impoñer ao Goberno central a achega de máis cartos para a futura vía que enlazará San Ciprián coa autovía do Cantábrico en Barreiros
OS NACIONALISTAS LEVAN SEIS ANOS ENGANANDO AOS VECIÑOS DA MARIÑA TRAS AVALAR AS CONTAS DE ZAPATERO NIN HAI MÁIS CARTOS PARA O CORREDOR, NIN ESTES SE EXECUTAN
* A abstención do BNG salva por sexto ano consecutivo as contas do Executivo socialista pese a que só contemplan 10.000 euros para o treito estatal do corredor
* Os populares lembran ao BNG que formaba parte dun Goberno, o da Xunta bipartita, que non executou nin un só euro do orzamento comprometido para o treito autonómico do corredor
A Mariña, 12 de novembro de 2009.- Por sexto ano consecutivo a abstención do Bloque Nacionalista Galego, neste caso no debate en Comisión dos Orzamentos Xerais do Estado, permite salvar as contas de Zapatero para o ano próximo. De novo os nacionalistas préganse aos intereses do PSOE e renuncian a impoñer ao Goberno central a achega de máis cartos para a futura vía que enlazará San Ciprián coa autovía do Cantábrico (VAC San Ciprián-Barreiros).
No BNG levan seis anos enganando aos veciños da Mariña. Anos durante os que apoiaron a investidura de Zapatero e avalaron os seus orzamentos. No pasado quixeron facernos cree que lograron 500.000 euros máis do Goberno central para desbloquear o corredor, cando o certo e que esta cantidade nunca se executou e que hoxe o treito estatal desta vía ten menos orzamento que o comprometido no último ano de Goberno do PP no Estado. Os nacionalista teñen permitido esta situación porque actúan como mamporreros de Zapatero.
A posición dos nacionalistas puidera ser determinante para vetar os Orzamentos do Estado e esta condición permitiría ao BNG pactar emendas positivas para a nosa comarca. Desafortudamente un ano máis o BNG da alento ao Goberno socialista central, impedindo a censura dunhas contas que tan só achegan 10.000 euros para o treito estatal do corredor e que esquecen por completo a desexada apertura do dique norte de Alcoa.
Os populares foron moi críticos coa posición mantida polos nacionalistas que ano tras ano afirman que condicionaran o seu apoio ás contas estatais á que o PSOE comprométase a achegar máis cartos para a Mariña pero que, cando chega o momento decisivo, acaban apoiando a Zapatero sen acadar ningún proxecto a cambio que beneficie á nosa comarca.
RECUPERAR A MEMORIA
Desde o PP da Mariña emprazan ao BNG a recuperar a memoria e pídelles que non esquezan que os nacionalistas formaban parte dun Goberno, o bipartito da Xunta de Galicia, que non foi quen de executar nin tan sequera un só céntimo, un só euro, do orzamento comprometido para levar adiante o corredor da Costa no seu treito autonómico.
Polo tanto, con pouca lexitimidade poden falar aqueles que durante catro anos desde a Xunta esqueceron por completo investir o necesario para o corredor da costa. Situación que contrasta co compromiso adoptado polo Goberno actual de Núñez Feijóo, que non só adxudicou as obras do primeiro treito (entre Celeiro e San Ciprián) senón que tamén executará o diñeiro comprometido para esta actuación durante o 2010. O presidido por Núñez Feijóo non é un Goberno sobre o papel, senón de feitos, como así demostraremos
En todo caso, no Partido Popular comarcal están convencidos de que o dirixente nacionalista na Mariña, Antón Veiga, non sabe mirar nin entender os orzamentos e continuamente confunde conceptos. Lamentan o seu escaso peso político dentro da formación nacionalista que se pon de relevo en casos como este, nos que o BNG acaba salvando as contas de Zapatero sen acadar ningún compromiso concreto en beneficio da Mariña.

















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



