RIBADEO (FNC) .- O alcalde, Fernando Suárez, pídelle á Consellería de Industria prioridade absoluta para a construción da subestación eléctrica do polígono industrial. Coa súa posta en marcha melloraría o servizo e evitaríanse os cortes no subministro que se producen en Ribadeo. O rexedor cualificou de intolerables os que se rexistraron na xornada de onte.
O rexedor sinalou que “eu como alcalde quero ser tamén o portavoz dos cabreados veciños do noso concello que unha vez máis voltan estar doentes por esta situación. Moitos deles transmitíronme na tarde de onte o seu malestar e a súa preocupación, porque esto xa empeza a ser algo habitual”.
Fernando Suárez contacto una xornada de onte con responsables de Begasa “para saber da problemática, eu non vou entrar nesas cuestións técnicas de que supostamente unha liña caeu, e que por caer esa liña dun determinado núcleo de poboación do concello de Ribadeo logo fastidiou a todas as demáis e singularmente ás da propia vila de Ribadeo. O que quero trasladar aos responsables de Begasa e da Xunta de Galicia é que esto non pode seguir así, esto non pode ser, temos que dicir un basta xa porque esto é intolerable, onte porque choveu, pero en todo caso non foi un ciclón, e eso provocou que tivéramos que estar moito tempo sen electricidade”.
O rexedor considera que “para resolver esto, un pouco en función tamén do que din os responsables de Begasa, é importante que se constrúa dunha vez a subestación eléctrica de Ribadeo, que non é soamente para dar electricidade ao polígono industrial senón que tamén dará subministro amplo e de calidade ao concello de Ribadeo e a parte da Mariña Oriental da provincia de Lugo”.
Suárez Barcia lembra que “hai un mes envieille un requirimento aos responsables actuais da Consellería de Industria para que tiveran en conta que o protocolo asinado hai un tempo cos anteriores responsables, con Begasa e con SEPES para poñer en marcha a subestación eléctrica de Ribadeo aínda non está materializado. Sí que saíu a exposición pública a construción do que é a subestación física, pero aínda non saíu a da traza da liña de alta tensión. Parece ser que técnicos de Industria están pendentes de facer un informe último antes de que saia a exposición pública, pero os responsables actuais autonómicos teñen que darlle prioridade absoluta a esta infraestrutura porque nos vai moito neso, non soamente á xente que se quere instalar no polígono industrial, senón á vila e ao concello de Ribadeo e á parte oriental da comarca da Mariña”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



