RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, amósase moi satisfeito das obras que Portos está a realizar en Porcillán e anuncia que a zona quedará cortada ao tráfico, durante dúas semanas, a partires do vindeiro luns 30 de novembro.
Suárez Barcia sinalou que “estánse levando adiante unhas obras moi importantes para a fachada marítima, para o borde portuario de Ribadeo que realiza Portos de Galicia e nas que inviste un millón de euros. O prazo de execución é de 8 meses. Síntome satisfeito por esta inversión e un pouco responsable de que fora adiante dado que esta actuación, hai máis ou menos un ano, estaba paralizada con vocación de que por parte da Comisión de Patrimonio se tirara abaixo por unha serie de inconvenientes. Me alegro de que todas as xestións que no seu momento tiven que facer diante desa comisión para lograr que o proxecto fora informado favorablemente foran ben, agora vemos o resultado e dentro de pouco veremos como vai quedar toda esa zona”.
O rexedor anunciou que “a partires do luns e aproximadamente durante dúas semanas ese tramo de vía pública vai quedar cortado ao tráfico rodado porque se vai levantar toda a calzada, polo que onte mesmo estivemos coa Policía Local e a empresa adxudicataria e coincidimos en que o máis recomendable para acelerar os traballos era cortar o tráfico, aproveitando que agora non hai tantos turistas nin tanto tráfico, e así se poidan facer con comodidade esas obras. Supoño que será un incordio para os veciños que circulan por esa zona de xeito habitual, pero como sempre decimos para facer tortilla hai que romper ovos”.
Fernando Suárez engadiu que “ao mesmo tamén aproveitando estas obras vanse facer unha serie de melloras de cara á conexión do saneamento coas actividades portuarias e de restauración que non estaban contempladas no proxecto, pero desde Portos foron sensibles a esta demanda do Concello así como tamén a situación dun aliviadeiro que ten Ribadeo desde hai uns 40 anos e é moi probable que sexa resolto dunha vez por todas”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



