Nota de Prensa
O voceiro do PP de Lugo confirma que non se presentará como candidato en 2011
Joaquín García Díez anuncia que “chegou o momento” de retirarse da política municipal
* Asegurou que “non me despido de ninguén. Retírome da vida municipal pero seguirei traballando por un Lugo mellor como deputado no Congreso”
Lugo, a 20 de novembro de 2009.- Joaquín García Díez, anunciou esta mañá, en rolda de prensa, que non se presentará como cabeza de lista nas próximas eleccións municipais nunha comparecencia na que estivo acompañado polo Presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro.
O voceiro dos populares en Lugo explicou que a decisión de “pechar a etapa da vida municipal” foi “difícil” pero que, segundo desvelou, “teño tomada dende hai xa bastante tempo”.
Unha vez que abandone o seu posto de voceiro do Grupo municipal popular no Concello de Lugo dedicarase, segundo asegurou, “a tempo completo” ó seu traballo como deputado nacional no Congreso aínda “estando a disposición dos lucenses traballando por conseguir un Lugo mellor”.
AGRADECEMENTOS.-
García Díez explicou que comunicou nas últimas horas ós compañeiros de grupo a súa decisión, ós que durante a comparecencia dedicoulles varias palabras de afecto agradecéndolles “a súa amistade e apoio, así como as aportacións realizadas non só a nivel político senón tamén dende o punto de vista persoal” e animounos a seguir esforzándose, manifestando o seu “compromiso persoal” en colaborar en canto estea na súa man.
Non esquenceu tampouco recoñecer a confianza depositada nel por parte do Presidente Provincial así como a “impagable” colaboración de afiliados, simpatizantes e veciños de Lugo, sen olvidarse dos medios de comunicación.
MÁIS DE DEZ ANOS EN POLÍTICA.-
Joaquín García Díez foi tenente de alcalde con Tomás Notario (1991-1995), alcalde no periodo comprendido entre os anos 1995 e o 1999, e dende 2007 voceiro do grupo maioritario da oposición.
O Presidente provincial José Manuel Barreiro, pola súa banda, suliñou que “a de hoxe non é unha despedida porque Joaquín seguirá vinculado ó Partido Popular en Lugo e, como fixo sempre, continuará a defender os intereses desta provincia no Congreso”. Dixo “comprender” as razóns que o levaron a tomar esta decisión e que, segundo recoñeceu, “trasladoume xa hai algún tempo”.
Barreiro fixo tamén referencia “a gran laboura” que realizou como alcalde “que está aí para ver e comparar” e como voceiro do grupo municipal. “Un traballo constructivo e sempre encamiñado a otorgar as maior cota de benestar posible para todos os veciños deste municipio”, engadiu.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



