A alcaldesa, Ana María López, destaca que “trabajamos para ofrecer una propuesta variada, accesible y de calidad que dinamice el municipio”
Cariño, 27 de marzo, 2026. O Concello de Cariño presenta unha programación completa de actividades para a Semana Santa 2026, reforzando a súa aposta pola dinamización do municipio a través de propostas que combinan deporte, natureza, solidariedade e ocio educativo. Trátase dunha iniciativa impulsada polo propio Concello en colaboración con asociacións locais, pensada tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.
A alcaldesa, Ana María López, salientou o papel do Concello na organización desta programación, sinalando que “trabajamos para ofrecer una propuesta variada, accesible y de calidad, que dinamice Cariño en fechas clave como la Semana Santa y que ponga en valor todo lo que nuestro municipio puede ofrecer”.
O programa inclúe iniciativas para todos os públicos, como unha xornada de calistenia o sábado 28 de marzo no parque de calistenia a partir das 11:00 horas, así como a celebración do XVII Torneo de Semana Santa de Fútbol 8, que terá lugar do 2 ao 5 de abril e reunirá máis de 700 mozos e mozas deportistas no campo de fútbol municipal.
A isto súmanse as rutas guiadas ‘Cariño Camiña 2026’, organizadas polo Concello os días 3, 4 e 5 de abril, que permitirán descubrir distintos enclaves do entorno natural do municipio. Realizaranse as rutas Fornela-Miranda-Herbeira, dos Helechos e Cariño Mariñeiro, con inscricións abertas no 669 60 53 09.
A vertente solidaria estará presente cunha comida benéfica contra o cancro o sábado 4 de abril na Praza Roxa, promovida pola Asociación Contra o Cancro, nunha xornada que combinará convivencia e compromiso social. A comida terá un prezo de 25 euros por persoa e dará comezo a partir das 13:00 horas.
Ademais, cómpre lembrar que o Concello de Cariño contará a próxima semana cos campamentos de Semana Santa para facilitar a conciliación familiar. A proposta municipal está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril no CEIP Manuel Fraga Iribarne.





















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



