SANTIAGO .- O Parlamento de Galicia acordou, a iniciativa do Grupo Popular, e co apoio de todas as forzas políticas, reclamar ao Goberno central que os pagos das axudas polas paralizacións temporais da flota se abonen ao finalizar o período no que se establece a parada e evitar así o que acontece a día de hoxe, cando o Executivo aínda adebeda gran parte das contías correspondentes ao ano 2008
A través dun pronunciamento unánime, os grupos políticos galegos emprazan ao Goberno central a acometer a modificación do actual sistema de pagamento de tal xeito que poidan realizarse os abonos “con celeridade e cando de verdade son necesarios”. De feito, o acordo require ao Executivo socialista que naqueles casos nos que a paralización de actividade supere os 30 días, os abonos deben efectuarse a mes vencido, como si se tratase dun salario.
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro Orol explicou que esta modificación beneficiaria aos mariñeiros das flotas de palangre de superficie, Gran Sol e caladoiro nacional que cada ano están obrigados a soportar un cese na súa actividade pesqueira decretado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño conforme ao disposto na lexislación europea.
O acordo final, transacionado por PP, PSdeG e BNG, pide tamén ao Executivo central que proceda a descontar automaticamente das axudas que deben percibir os mariñeiros as cantidades correspondentes á prestación por desemprego, de tal xeito que non suceda como na actualidade, cando desde a administración central se lles está obrigando a reintegrar as cantidades percibidas en concepto de paro, nun só pagamento e de xeito íntegro, se queren recibir a axuda correspondente. Como é lóxico, moitos mariñeiros non poden facer fronte a este requirimento xa que, durante o tempo no que está amarrado o barco, non perciben ningún tipo de ingreso, e xa esgotaron a súa prestación para a subsistencia da súa familia e gastos propios da súa vida diaria.
O acordo final pide tamén que a Xunta poña en marcha unha campaña de información, dirixida aos tripulantes, e a través das que se modifique a existencia, garantías e proceso de tramitación das devanditas axudas
LENTITUDE ADMINISTRATIVA
José Manuel Balseiro Orol, autor desta iniciativa, explicou que os mariñeiros “non teñen porque verse prexudicados polo colapso burocrático, a lentitude administrativa e a falta de interese” do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, nin soportar longos períodos de tempo sen obter os seus ingresos, “máxime agora que a crise repercute con especial virulencia nas economías familiares das xentes do mar”. O voceiro do Mar do PPdeG lembrou tamén a “falta de sensibilidade” do Goberno central actual para con estas flotas xa que lonxe de mellorar os procedementos polos que se outorgan este tipo de axudas “están a empeoralos”. O voceiro do Mar afonda neste argumento e explica que na actualidade o Executivo de Zapatero se demorou en exceso na publicación da orde de axudas para mariñeiros –que apareceu en xullo, cando en moitos casos as paradas xa se tiña efectuadas nos meses de novembro e decembro-.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



