Nota de Prensa
Os populares pedirán unha reestructuración dos aparcamentos nos Castros.
Consideran que a minirotonda podería ser retirada.
Os populares trasladarán estas peticións ó bigoberno burelés.
O GMPP solicitaralle ó bigoberno burelés que proceda a unha reestructuración dos aparcamentos na zona de Os Castros próxima ó CEIP “Virxe do Carme” e que sopese a retirada da minirotonda alí existente.
Os populares bureleses puxeron de manifesto estes defectos no transcurso dunha rolda de prensa celebrada hoxe, xoves, precisamente no entorno do indicado centro de ensino, a raíz de peticións feitas por veciños da zona, asistentes á reunión que o PP mantivo con eles a semana pasada.
Segundo os membros do GMPP, o sentido do tráfico foi modificado no seu día a base de buscar moito consenso. Agora, os aparcamentos existentes non convencen a ninguén, a minirotonda provoca problemas de tráfico para camionetas de reparto, e por riba non está debidamente sinalizada. Polo tanto, é urxente que se tormen cartas no asunto con urxencia, porque estamos nunha zona de grande confluencia de persoas á entrada e salida do colexio, e pode haber en calquera momento un incidente.
E ainda que é evidente que debe primar a seguridade en todo momento, cuestión que o PP apoia, e que foi orixe do cambio de tráfico no seu día, e máis nesta zona pola súa problemática específica, cremos que se están dando as circunstancias que conducen ó contrario, que se están a crear problemas serios de tráfico.
O GMPP trasladará estas demandas veciñais ó bipartito burelés, porque o alcalde é o responsable do tráfico municipal, e semella estar mal asesorado. Desde o PP entenden que esta problemática pode ser resolta con celeridade, e así debe ser, dada a cantidade de problemas que se están manifestando na zona.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



